Redacción 03/05/2021

Xa temos campións galegos na categoría xuvenil. O BM Porriño logrou o título na categoría feminina tras superar ao Carballal, mentres que o Cisne Colegio Los Sauces é o campión na categoría masculina, despois de vencer ao Luceros

 

 

O BM Porriño A logrou onte proclamarse campión galego, tras superar ao  Calfrima Carballal nunha disputada final. Ambos os conxuntos chegaron invictos á Final  Four (non se enfrontaron entre eles) e nas semifinais foron moi superiores aos seus rivais (SAR  Ledisson e  UB Lavadores). A final estivo moi igualada de principio a fin, proba diso é o resultado final (27-28) e o feito de que en ningún momento ningún dos dous equipos logrou escaparse no marcador.

Ambos conxuntos están clasificados para a fase estatal xunto ao UB Lavadores, que venceu na loita pola terceira posición ao SAR de Redondela (24-21).

Pola outra banda, o Cisne Colegio Los Sauces cumpriu co seu papel de favorito e proclamouse campión galego na categoría xuvenil masculina, tras vencer no Pavillón Municipal de Pontevedra ao Luceros. Na primeira parte, o conxunto pontevedrés foi netamente superior -ao descanso 11-20-, pero na segunda metade o xogo complicouse primeiro coa exclusión de Román  Arboleya, e do técnico do Cisne despois. O partido desordenouse un pouco e nesta situación o Luceros estaba máis cómodo e foi recortando distancias ata poñerse a catro goles a falta de cinco minutos (26-30).   que  desordenou o xogo e permitiu ao Luceiros, con alma, esforzo e corazón, recortar distancias ata poñerse a catro goles a falta de cinco minutos (26-30). Nestes instantes finais, o Cisne xogou con cabeza e tirou dos seus pesos pesados para pechar o triunfo cun 29-34 a favor dos pontevedreses.

Na loita pola terceira praza para a fase estatal impúxose o  Laber Xiria ao Carballal por 28-30, nun partido no que o Xiria foi sempre por diante. O conxunto vigués pareceu acusar o golpe da eliminación do día anterior ante o Luceros, na prórroga, xa co tempo finalizado, nun lanzamento de 7 m, que entrou chorando tras tocar o porteiro.

Esta web utiliza cookies propias y de terceros para su correcto funcionamiento y para fines analíticos. Al hacer clic en el botón Aceptar, aceptas el uso de estas tecnologías y el procesamiento de tus datos para estos propósitos. Personalizar Cookies
Privacidad