O PSdeG-PSOE quere recoñecer o compromiso de Represas cas veciñas e veciños de Ponteareas e deséxalle o mellor en esta difícil situación persoal
O PSdeG-PSOE de Ponteareas quere amosar todo o seu apoio a Represas e a súa familia en esta difícil situación persoal que lle está a tocar vivir, así como “agradecer o seu compromiso co progreso e benestar d@s veciñ@s de Ponteareas”.
Nos vindeiros días o PSdeG de Ponteareas reunirase coa agrupación local do BNG, para abordar o pacto de goberno de cara a buscar mellores sinerxias que redunden en un goberno mais cohesionado e eficaz para @s veciñ@s do Concello de Ponteareas.
Non obstante dende o PSdeG “queremos manifestar o noso apoio a actual 1ª Tenente de alcalde, Sra. Cristina Fernández para que se converta na vindeira alcaldesa de Ponteareas”.