Redacción 29/04/2021

O curso, dun total de 4 horas, será impartido pola voluntaria dixital Guadalupe Ordóñez os días 24 e 26 de maio.

 

Ata o vindeiro 15 de maio estará aberto o prazo de inscripción no curso para maiores ‘Sácalle partido ao teu mobil 2021’ que se impartirá os días 24 e 26 de maio impartido pola voluntaria dixital Guadalupe Ordóñez. Esta acción formativa forma parte do programa TIC para o benestar das persoas maiores orientado á promoción do envellecemento activo e á mellora da calidade de vida a través da tecnoloxía, ao tempo que se promove o empoderamento cidadán e o compromiso coa mellora da sociedade, desde a perspectiva dos dereitos, a inclusión e a transformación. Todo iso mediante a intervención social comunitaria, a acción socioeducativa e a inclusión no ámbito das tecnoloxías da información e a comunicación.

O horario das clases será de 17 a 19 horas cunha duración total de 4 horas. Impartirase nas instalacións da Axencia de Colocación de Mos e os interesados en inscribirse poden facelo chamando por teléfono ao número da Axencia, 986 48 77 86, ou escribindo un correo electrónico ao enderezo info@axenciadecolocacionmos.es

Trátase dun curso no que os maiores participantes poderán aprender a realizar diversos trámites co seu teléfono móbil tales como pedir, cambiar ou anuluar citas médicas, ou facer videochamadas.

Esta web utiliza cookies propias y de terceros para su correcto funcionamiento y para fines analíticos. Al hacer clic en el botón Aceptar, aceptas el uso de estas tecnologías y el procesamiento de tus datos para estos propósitos. Personalizar Cookies
Privacidad