Analizouse a posible vía legal de recurso ante a ponencia de valores, así como diversos outros puntos dentro da orde do día que inclúen unha serie de medidas para tentar reducir o impacto deste novo Procedemento de Valoración Catastral nos petos dos mosenses.
Esta mañá celebrouse a segunda xuntanza da Comisión de Seguemento do novo Procedemento de Valoración Catastral. A primeira tivo lugar o pasado 2 de marzo despois de que esta Comisión de Seguemento fose constituída no Pleno do 22 de febreiro como parte da moción presentada ‘in voce’ con carácter de urxencia polo goberno local para solicitar a moratoria dun mínimo de 2 anos do proceso, xa rexeitada por Catastro, e que foi aprobada por unanimidade pola totalidade dos membros da Corporación Municipal.
Na devandita Comisión participaron telemáticamente a alcaldesa, Nidia Arévalo, os representantes dos catro grupos integrantes da Corporación, a concelleira non adscrita, o Secretario e Tesoureira municipais. Nesta sesión deuse conta dos avances realizados nos últimos días de traballo conxunto entre a Alcaldía, Secretaría e Tesourería municipais, e analizouse a posible vía legal de recurso ante a ponencia de valores, así como diversos outros puntos dentro da orde do día que inclúen unha serie de medidas para tentar reducir o impacto deste novo Procedemento de Valoración Catastral nos petos dos mosenses.
Deste xeito, na Comisión de Seguemento desta mañá, ademáis de procederse ao estudo do informe xurídico sobre as posibles vías de recurso do procedemento simplificado de valoración catastral, abordouse a intención de solicitude ao ORAL dun aprazamento da liquidación dos exercicios pasados e da modificación da Ordenanza Fiscal Xeral de Xestión para ampliar a posibilidade do fraccionamento do pago do IBI sen intereses. Tratouse o estudo por parte do Concello de posibles bonificacións a aplicar por parte do ORAL e fíxose unha análise da posible redución das valoracións do solo. Por último, anunciouse a modificación da Ordenanza Fiscal do IBI para a redución do tipo impositivo ao mínimo, e a realización dun estudo da redución da Ordenanza Fiscal de Vehículos de Tracción mecánica. Así tentarase paliar o impacto nos bolsillos dos mosenses.
O Catastro non só denegou solicitude da Corporación de Mos ao completo, aprobada por unanimidade en Pleno o pasado mes de febreiro, de retirada do anuncio de revisión do relatorio de valores do municipio e unha moratoria de dous anos desta revisión colectiva, impulsada pola Dirección Xeral de Catastro do Ministerio de Facenda, para evitar que a veciñanza teña que enfrontarse a un aumento do Imposto de Bens Inmobles este ano. Se non que ao anuncio da ponencia de valores do chan engadiron tamén a actualización de valores das edificacións, a pesar de que xa realizaran unha ponencia deste tipo hai poucos anos. Esta actualización que afecta as construcións non se comunicou ao Concello nin se anunciou de ningún modo, senón que a administración local mosense decatouse de casualidade por terceiras persoas que teñen acceso á devandita información.