Redacción 14/04/2021

O Concello non intervirá no colexio porriñés da parroquia de Budiño ao comunicarlle a directora do centro de ensino, que a Consellería de Educación da Xunta emitirá informe tras unha valoración do inmoble

 

A Concellería de Educación do Concello do Porriño amosa a súa satisfación de ter acadado que “en 24 h a Xunta de Galicia asuma as súas responsabilidades” e polo tanto, atenda o urxente arranxo da cuberta do CEIP da Cruz, en Budiño que presenta un risco importante, segundo acreditou un informe da arquitecta municipal.

A directora do devandito colexio, despois de recibir esta mañá a visita ao centro do xefe territorial de Educación, César Pérez Ares, solicitou á concelleira Moure Varela que non envíe aos Bombeiros, para a desmontaxe das partes da cuberta que se atopa en peor estado, tal como estaba previsto para o venres. A directora do CEIP indicoulle á concelleira de Educación que a Unidade Técnica da Consellería de Educación da Xunta manifestoulle que vai facer unha valoración da situación do inmoble e emitir un informe”.

Deste xeito, o Concello do Porriño “considerase eximido de calquera responsabilidade que poida acontecer” e por outra banda “quedamos ca plena tranquilidade de ter actuado en canto se nos demandou”, segundo valorou a concelleira, Lourdes Moure.   

Esta web utiliza cookies propias y de terceros para su correcto funcionamiento y para fines analíticos. Al hacer clic en el botón Aceptar, aceptas el uso de estas tecnologías y el procesamiento de tus datos para estos propósitos. Personalizar Cookies
Privacidad