Redacción 13/04/2021

A pandemia condicionou a actividade reivindicativa durante os últimos meses, nos que se evitou a convocatoria de grandes mobilizacións. O colectivo comezou a traballar xa en novas accións para poñer en valor os recursos naturais ameazados polo proxecto de construción dun centro comercial.

 

A plataforma “A Auga é Vida”, constituída por distintos colectivos veciñais e persoas implicadas a título individual coa defensa dos recursos naturais do concello de Mos, elixiu nova portavocía nunha xuntanza celebrada de acordo con todos os protocolos sanitarios. A reunión serviu para designar un novo órgano colexiado de dirección, no que están representadas varias das traídas de augas afectadas polo proxecto de construción dunha gran superficie comercial na parroquia de Tameiga.

As restricións sanitarias condicionaron durante o último ano toda a actividade da plataforma, que optou pola prudencia e renunciou á convocatoria de grandes mobilizacións atendendo ás recomendacións das autoridades sanitarias. Dende a nova dirección queren reivindicar a sensatez que amosou a veciñanza durante todo este tempo e lamentan a actitude irresponsable do Concello de Mos, que en plena pandemia promoveu eventos multitudinarios aos que foron convidadas decenas de persoas, como a inauguración das instalacións, aínda inacabadas, da Cidade Deportiva do Real Club Celta. Este tipo de actos foron utilizados polo goberno municipal, ademais, para lanzar novos ataques contra as persoas e colectivos que se manifestaron en contra da especulación no monte comunal.

A construción dunha gran superficie comercial, cuxa legalidade foi cuestionada dende distintos ámbitos, está pendente da resolución de varios trámites administrativos, como a modificación parcial do PXOM. Os informes técnicos emitidos ata a data deron a razón á plataforma e puxeron en evidencia a falta de rigor do proxecto, que ameaza con provocar unha desfeita ecolóxica, económica e social. A plataforma entende que as súas reivindicacións teñen plena vixencia, máis aínda cando os promotores da operación urbanística, lonxe de renunciar a ela, amosaron a súa intención de construír un parque acuático no lugar. Este anuncio foi interpretado como unha falta de respecto ao traballo das traídas veciñais, que son as que xestionan de forma eficiente o abastecemento de auga da inmensa maioría das vivendas do concello.

 

De cara aos próximos meses, e mentres non se produza unha normalización da situación sanitaria, seguirase evitando a convocatoria de concentracións que requiran a presenza física dun número elevado de persoas, pero vanse retomar as accións reivindicativas encamiñadas a poñer en valor os recursos naturais do monte e concienciar sobre a ameaza que supón a construción dunha gran superficie nuns terreos que, de acordo coa normativa urbanística vixente, teñen a cualificación de protección forestal. Para a plataforma, non se trata só de evitar a destrución dunha das principais áreas verdes do concello, senón de preservar os mananciais situados na contorna natural e garantir a calidade de vida da veciñanza.

Deja un comentario.

Tu dirección de correo electrónico no será visible. Los campos obligatorios están marcados con *

Información básica sobre protección de datos Ver más

  • Responsable Sthela María Táboas González.
  • Finalidad  Moderar los comentarios. Responder las consultas.
  • Legitimación Tu consentimiento.
  • Destinatarios  Sthela María Táboas González.
  • Derechos Acceder, rectificar y suprimir los datos.
  • Información Adicional Puedes consultar la información detallada en la Política de Privacidad.

Esta web utiliza cookies propias y de terceros para su correcto funcionamiento y para fines analíticos. Al hacer clic en el botón Aceptar, aceptas el uso de estas tecnologías y el procesamiento de tus datos para estos propósitos. Personalizar Cookies
Privacidad