Redacción 12/04/2021

O delegado da Zona Franca fixo entrega das mesmas este mediodía no Polígono de A Granxa

 

 

O delegado do consorcio Zona Franca, David Regades, entregou este mediodía, en presenza da alcaldesa, Eva García, as chaves do local que acollerá a futura gardería infantil dos polígonos industriais da Granxa e das Gándaras.

A directora da firma de centros de educación infantil “Trastes”, Beatriz Cabaleiro, recibiu as chaves co propósito de axeitar as instalacións para a súa apertura no vindeiro mes de setembro, e contará cunha capacidade para 74 nen@s.

O local atópase no centro de servizos do Consorcio Zona Franca, no polígono da Granxa.

Desde xeito aténdese unha demanda histórica da Entidade de Conservación de A Granxa e da Asociación de Empresarios de As Gándaras, que por fin será implementada.

 

Esta web utiliza cookies propias y de terceros para su correcto funcionamiento y para fines analíticos. Al hacer clic en el botón Aceptar, aceptas el uso de estas tecnologías y el procesamiento de tus datos para estos propósitos. Personalizar Cookies
Privacidad