Redacción 31/03/2021

Paloma Castro visitou Salceda xunto con Verónica Tourón para coñecer de primeira man a problemática das persoas desempregadas do municipio

 

 

A voceira socialista e tenente de alcaldesa do Concello de Salceda, Verónica Tourón, denuncia a falta de políticas de emprego da Administración Autonómica na vila, pois “a Xunta rexeitou a solicitude dun novo programa integrado, que daría posibilidades de inserción laboral e mellora da empregabilidade a 100 veciñ@s de Salceda”

Ata agora a Consellería de Emprego financiaba a posta en marcha destes programas en colaboración coas entidades locais e coas entidades sen ánimo de lucro. Nun sorprendente cambio de criterio respecto a anos anteriores, a consellería concede só 7 Programas Integrados de Emprego a concellos para toda Galicia, concedendo só na provincia de Pontevedra ao Concello de Mos, e incluso deixando as provincias de Lugo e Ourense sen ningún programa.

Un criterio que, segundo o grupo parlamentario socialista deixa sen ferramentas ás entidades locais, a Administración máis próxima ás persoas desempregadas. Ademais, a falta destes programas e políticas activas de emprego tamén afecta ás empresas da zona, que realizan convenios de colaboración co Concello, sen unha fonte de selección de persoal preparado explicitamente para cubrir as necesidades do mercado laboral do municipio e da súa contorna.

Verónica Tourón explica que “no caso de Salceda é preciso resaltar que no programa integrado desenrolado no CDL O Torrón polo Concello no ano 2019-2020 acadouse unha inserción do 58%, superando amplamente o compromiso de inserción inicial do 40%, ao que hai que engadir que ata 73 persoas desempregadas traballaron en algún momento ao longo do programa.

Dende o grupo parlamentario socialista esíxenlle ao Goberno Galego, que explique as razóns polas que a Consellería de Emprego rebaixa de 20 a 7 programas integrados aos concellos en Galicia. Ademais de pedir transparencia e que se faga públicas a relación de solicitudes rexeitadas.

O grupo socialista non comparte o criterio de abandoar aos concellos nun contexto de crise económica, sanitaria e de emprego como a que estamos a vivir, e a través desta iniciativa parlamentaria esiximos que se volva ao modelo anterior.

Esta web utiliza cookies propias y de terceros para su correcto funcionamiento y para fines analíticos. Al hacer clic en el botón Aceptar, aceptas el uso de estas tecnologías y el procesamiento de tus datos para estos propósitos. Personalizar Cookies
Privacidad