Redacción 29/03/2021

O Pleno Ordinario de marzo terá lugar este mércores ás 18.00 h no que tomará posesión a nova concelleira do PP

 

 

O Concello do Porriño, no Pleno Ordinario correspondente ao mes actual, abordará a aprobación da liña de axudas económicas directas “Porriño Impulsa 2021”, destinado á hostalería, comercio e autónomos, os máis afectados polas restricións derivadas da pandemia actual, cunha asignación total de 140.000 €. 

Na sesión plenaria, que se celebrará este mércores ás 18.00 h, tamén se inclúe unha modificación do orzamento por unha cantidade de 108.000 €, para afrontar as contribucións municipais a varios programas de contratación de persoal subvencionado.

A corporación tamén decidirá se aceptar a proposta realizada pola mesa de contratación para adxudicar á firma “Soom Management”, a explotación da piscina municipal.  Esta empresa, que actualmente leva as piscinas municipais de Marín, Boiro e Cangas, foi a plica máis valorada cunha oferta anual de 508.000 €; e adquire o compromiso de subrogar ao persoal actual de 24 traballadores da piscina municipal.

Ademais, trasladarase á Corporación, unha proposta para unha declaración de apoio institucional á industria cárnica, sector moi vencellado a O Porriño.  Na declaración de apoio é valorado que o sector da carne xera mil postos de traballo no municipio e preto de 250 millóns de euros na facturación.

Finalmente, nesta sesión tomará posesión como nova concelleira do grupo municipal do Partido Popular, Ascensión Rosario Costas que cubrirá a vacante deixada por Ana María Paradela.

Deja un comentario.

Tu dirección de correo electrónico no será visible. Los campos obligatorios están marcados con *

Información básica sobre protección de datos Ver más

  • Responsable Sthela María Táboas González.
  • Finalidad  Moderar los comentarios. Responder las consultas.
  • Legitimación Tu consentimiento.
  • Destinatarios  Sthela María Táboas González.
  • Derechos Acceder, rectificar y suprimir los datos.
  • Información Adicional Puedes consultar la información detallada en la Política de Privacidad.

Esta web utiliza cookies propias y de terceros para su correcto funcionamiento y para fines analíticos. Al hacer clic en el botón Aceptar, aceptas el uso de estas tecnologías y el procesamiento de tus datos para estos propósitos. Personalizar Cookies
Privacidad