Redacción 23/03/2021

Coa chegada da primavera e o relaxamento das medidas de contención da COVID-19, os visitantes poderán desfrutar dun agradábel paseo nun enclave paisaxístico espectacular.

 

Ao longo do percurso reaberto esta fin de semana, están disponíbeis lugares de descanso, que permiten aos camiñantes desfrutar dalguns momentos de repouso e, ao mesmo tempo, apreciar a envolvente paisaxística, fluvial e monumental, simbolizada polo río Minho e polas impoñentes murallas de Monção, monumento nacional desde 1910.

Accedendo por unha abertura existente na muralha xunto ás escadas do Arado, na Avenida General Humberto Delgado, esta ligazón peonil, que propicia unha panorámica inspiradora e relaxante, reforza a unión dos monzanenses ao rio Miño e fortalece a compoñente turística do Parque das Caldas.

Neste lugar, onde foron construídas varias estruturas de lecer, o paseo ten continuidade na pasarela de madeira xunto ao río Miño e na ecovía até ao posto acuícola, em Troviscoso. Aqui, os visitantes poderán tomar contacto con varias pesqueiras, unhas construcións seculares de pedra xunto ao río Miño.

Esta web utiliza cookies propias y de terceros para su correcto funcionamiento y para fines analíticos. Al hacer clic en el botón Aceptar, aceptas el uso de estas tecnologías y el procesamiento de tus datos para estos propósitos. Personalizar Cookies
Privacidad