Redacción 18/03/2021

A concelleira de Seguridade entregou hoxe as tarxetas acreditativas d@s voluntari@s da campaña de control da poboación de gatos na rúa

 

O Concello do Porriño, a través da Concellería de Seguridade que dirixe Lourdes Moure, asistida polo inspector xefe da Policía Local, Daniel Rodríguez, entregou hoxe as tarxetas acreditativas aos voluntari@s que participan na campaña de control da poboación felina que promove a Administración local. 

Deste xeito, existe un rexistro de control para o coñecemento da Policía Local e para cumprir o que esixe a normativa vixente da Comunidade Autónoma de Galicia.

Por outra banda, a concelleira informou de que o acordo para a esterilización da poboación felina xa se renovou por segundo ano,  contratando unha clínica veterinaria local que nesta ocasión será “Lupus”, á que se adxudican 3.000 € para estas tarefas.

Esta web utiliza cookies propias y de terceros para su correcto funcionamiento y para fines analíticos. Al hacer clic en el botón Aceptar, aceptas el uso de estas tecnologías y el procesamiento de tus datos para estos propósitos. Personalizar Cookies
Privacidad