O Consorcio do Louro anuncia corte do subministro para obras de mellora da rede
O Consorcio de Augas do Louro anuncia que será finalmente este mércores, día 17, cando se realice o corte dunhas dúas horas e media de duración no abastecemento de auga, nalgunhas rúas do centro urbano para tarefas de mantemento de rede.
Segundo a información trasladada polo Consorcio de Augas do Louro ao Concello do Porriño, o corte previsto está programado entre as 10.00 e as 12.30 h da mañá; e afectará a vivendas, locais, negocios e empresas situadas nas seguintes rúas urbanas: Avenida de Galicia e rúas Pontevedra, Ourense, Coruña e Santiago.
Esta é a operación que inicialmente ía ter lugar o luns 15, a cal, como consecuencia da imprevista e grave avaría ocorrida na condución xeral, que provocou un corte de auga que afectou a toda a zona urbán durante varias horas, desestimouse realizar as obras de mellora que finalmente se acometerán este mércores.