Fan referencia a que non existítu difusión para unha libre concurrencia e oportunidade a outras empresas do sector cultural
O BNG do Porriño xustificou hai uns días a contratación dunha empresa propiedade dun familiar da concelleira de Cultura, e para o grupo de EU Son Porriño parécelle que “está ben que se diga, recoñeza e difunda. Mágoa da difusión antes da contratación porque outras empresas do sector estarían agradecidas pola oportunidade, máis nun momento tan difícil para o sector da cultura”.
O Bloque argumentou o prestixio da empresa “e noméase xuíz máximo e lexítimo, saltándose a publicidade, libre concurrencia e imparcialidade. Imaxinen isto noutra actividade: unha parte do goberno municipal considera a idoneidade dunha empresa para facer os desbroces, por exemplo, polo prestixio na arte desbrozadora amosada durante anos. Non hai que ter moita imaxinación, a verdade, pois foi e é practica habitual, por iso as sentenzas falando de irregularidades que non paran de saír” indican den de EU Son.
“Non hai transparencia que valga cando se fai a posteriori, cando te collen nas patacas e menos cando o propio BNG xa determinou anteriormente, coa frustrada compra de material, que non se contrataba con familiares directos porque non era ético. Isto non é transparencia é exhibicionismo da incoherencia”.
Dende EU Son do Porriño recalca que “calquera sabe que, quen ten a conciencia tranquila non ten que explicarse e atacar a quen o fiscaliza, que é obriga da oposición. Isto máis ben semella a representación dunha xustificación ante a súa parroquia”.