A matrícula pode realizarse até o 25 de marzo
Até o 25 de marzo está aberto o prazo de inscricións para os curso de formación en liña para os sectores da hostalería e comercio que ofrece o concello de Tui en colaboración con informática San Benito. Son cursos 100% subvencionados polo SEPE, dirixidos a persoas traballadoras destes dous sectores, autónomos e persoas traballadoras de calquera sector que estean en ERTE. Ao remate da actividade formativa as persoas participantes recibirán un certificado oficial.
Os cursos ofertados son “Atención ao cliente e calidade no servizo”, “Habilidades de venda no comercio” e “Internet comercio electrónico” para o sector comercio.
Mentres “Innovación na cocina” e “Xestión da restauración” van dirixido ao sector hostaleiro.
As persoas interesadas poden ampliar esta información no 608 844 058, no 986 608 920 ou no correo formacion@sanbenito.es