O escritor e xornalista Diego Giráldez conversa con Inma López Silva, Arantza Portabales, Ledicia Costas e María Solar sobre o oficio da escrita
As pezas, dirixidas por Antón Veiga, poden verse na web deletrasegalegas.com
A serie documental dirixida por Antón Veiga, De letras e galegas vén de estrearse na rede, ensalzando en valor o papel das autoras no panorama literario de Galicia.
Para as pezas, contou coa colaboración do escritor e xornalista Diego Giráldez, que visitou as casas das escritoras Inma López Silva, Ledicia Costas, Arantza Portabales e María Solar para conversar sobre o oficio da escrita, as súas influencias ou coñecer en persoa o lugar onde escriben.
Para De letras e galegas, Antón Veiga elixiu a catro autoras que atesouran milleiros de libros vendidos. Con xéneros que van dende o infantil ata a novela negra ou o ensaio. O director do documental, producido por La Chacrita, comenta que “a literatura galega sempre lle debeu moito ás mulleres. Pero neste novo século, confírmouse a súa posición na primeira liña e o seu liderazgo. Elas lograron algo ben dificil no mundo da literatura: gañar o favor do público, da crítica e do sector”.
A obra foi realizada ao abeiro do Fondo de proxectos culturais Xacobeo 2021, da Xunta de Galicia.