Redacción 09/03/2021

Boas sensacións para a Escola de Ciclismo Avanza na primeira proba de XCO do ano 2021, con dous primeiros, un segundo e dous terceiros postos acadados

 

Os riders da escola de ciclismo avanza de O Porriño trasladáronse a pasada fin de semana ata o localidade madrileña de Villa del Prado, para participar na Super Cup Uves-X-Sauce Villa del Prado, como previo e o inicio do Open de España X-Cofidis que dará comezo a vindeira fin de semana no parque forestal Cerro de las Contiendas, en Valladolid.

Ata 14 corredores da Escola de Ciclismo Avanza de O Porriño acudiron ata a localidade Madrileña, como preparativo de cara a primeira proba do Open España, obtendo moi boas sensacións nesta modalidade que, no ano 2020 por culpa da pandemia do COVID e como medida preventiva, víanse obrigados a suspender proba tras proba nas categorías Cadete e Junior.

Despois dun ano sen probas de XCO para a maioría dos 14 corredores achegados ata a comunidade de Madrid, conseguiron poñer o nome de O Porriño en cinco pódiums acadados finalmente por integrantes da escola.

O primeiro podio chegaba da man de Andrés Martínez na categoría Cadete masculino, que conseguía cruzar primeiro en liña de meta, nunha espectacular xornada onde iniciaba a carreira desde a última fila.

Sen sair da categoría cadete, Uxía Soto conseguía impoñerse, subindo ao mais alto do podio acompañada no terceiro posto, pola súa compañeira de equipo Aroa Otero, a cal tras sufrir unha espectacular caída, soubo aguantar a posición loitando ata o último momento pola segunda praza. Unha Aroa Otero que unha semana antes conseguía impoñerse con autoridade na localidade leonesa de Bembibre, onde disputou a Copa Bembibre de BTT; sen esquecernos de Marta Estévez que conseguía cruzar a liña de meta en cuarta posición.

Os dous seguintes podios chegarían da man da categoría Junior, onde Laura Mira conseguía entrar na posición de prata; e na mesma categoría, Gabriel Conde conseguía o segundo bronce para a Escola de Ciclismo Avanza.

 

Esta web utiliza cookies propias y de terceros para su correcto funcionamiento y para fines analíticos. Al hacer clic en el botón Aceptar, aceptas el uso de estas tecnologías y el procesamiento de tus datos para estos propósitos. Personalizar Cookies
Privacidad