Redacción 09/03/2021

As malas prácticas no Porriño non son exclusivas dunha parte do Goberno.

O grupo Municipal do Porriño Eu-Son en Comun envia a Redación do Porriño Dixital a nota de prensa seguinte. 

Por segunda vez a concelleira de cultura do Porriño Camila Moreira contrata o seu cuñado. Así consta por decreto do 22/02/21 co obxecto de “Contratar a actividade teatro confinado ………, cun orzamento de 5.500€ máis IVE” é legal pero non é ético. Non o dicimos só nós, senón o mesmo tenente de alcalde Pedro Pereira, voceiro do grupo municipal do  BNG do que forma parte a concelleira.

Queda claro na entrevista publicada na Nova Peneira de novembro onde se pregunta, entre outros asuntos, por unha compra de material á mesma empresa do seu parente, finalmente frustouse porque o escándalo era máximo:

Pero o expediente era legal?

Si. Pero insisto en que consideramos que non era compatible co noso código ético. Nós entendemos que ese tipo de relación contractuais con familiares directos non deben de levarse adiante. O expediente xa se arquivou e esa operación non se vai a executar” 

Xa non tiñamos bastante coa podremia na xestión económica e a contratación de Eva García de la Torre que agora se unen tamén as cacicadas de Camila Moreira. Se queren contar con nós, co noso apoio e votos, tanto o PSOE como o BNG teñen que poñer a demisión destas dúas persoas enriba da mesa. Ata aquí chegamos, hai que ser honestas. Fóra malas prácticas, amiguismo ou corrupción.

Deja un comentario.

Tu dirección de correo electrónico no será visible. Los campos obligatorios están marcados con *

Información básica sobre protección de datos Ver más

  • Responsable Sthela María Táboas González.
  • Finalidad  Moderar los comentarios. Responder las consultas.
  • Legitimación Tu consentimiento.
  • Destinatarios  Sthela María Táboas González.
  • Derechos Acceder, rectificar y suprimir los datos.
  • Información Adicional Puedes consultar la información detallada en la Política de Privacidad.

Esta web utiliza cookies propias y de terceros para su correcto funcionamiento y para fines analíticos. Al hacer clic en el botón Aceptar, aceptas el uso de estas tecnologías y el procesamiento de tus datos para estos propósitos. Personalizar Cookies
Privacidad