Sergio Casal entregou 120 l de líquido atractivo e 30 trampas para protexer as colmeas da abella autóctona
A concellería de Medio Ambiente do Concello do Porriño, a través do seu responsable, Sergio Casal, entregou a José Porto, en representación dos apicultores do Porriño, materiais para a loita contra o avance da Vespa Velutina.
O concelleiro entregou 120 l de líquido atractivo e 30 trampas para protexer as colmeas da abella autóctona e, ao mesmo tempo a produción do preciado mel galego.
Sergio Casal explicou que, con esta nova achega, xa hai máis de 300 trampas instaladas e distribuídas entre os produtores de todo o municipio, para combater a praga desta especie invasora.