Redacción 07/03/2021

Os cursos de Anna Figueiredo e Inma López Silva en Vigo completáronse no espazo dunha hora no mesmo día do inicio do prazo de inscrición, o 1 de marzo. A lista de agarda para todos os obradoiros suma máis de cincuenta persoas, aínda que segue aberto o prazo de inscrición por se se producen baixas.

 

A Escola de Letras da Deputación de Pontevedra e a Editorial Galaxia mantén intacto o seu tremendo tirón. Deste xeito, en só catro días xa se esgotaron as 90 prazas dos seis cursos que ofrecerá este ano a Escola, e hai unha importante lista  e agarda con medio centenar de persoas. Unha magnífica acollida que volve amosar, tal e como sucedera o pasado ano, o gran interese da cidadanía en participar nesta actividade de formación na escrita da man dalgunhas das principais voces da literatura galega actual.

Xa o mesmo luns 1 de marzo, en que se abriu o prazo para formalizar as solicitudes, en tan só tres minutos, estaban cubertas as prazas do curso “Escribir unha novela” que ofrecerá Anna R. Figueiredo, que este ano se incorpora á Escola, entre setembro e decembro. Unha hora despois quedou tamén completo o Obradoiro Literario que ofrecerá Inma López Silva. O cartel de completo colgouse a primeira hora desta mañá, aínda que a inscrición segue aberta e as persoas interesadas poden seguir anotándose, por se se producen baixas. Os cursos desta segunda edición da Escola de Letras desenvolveranse entre marzo e decembro nas sedes da Deputación en Pontevedra e Vigo –en principio de xeito presencial, aínda que se a situación sanitaria o require desenvolveranse de xeito telemático- en horario de 18 a 20 horas.

A escritora Inma López Silva iniciará as actividades o vindeiro día 15 en Vigo, co seu Obradoiro Literario, que continuará nesta sede os días 22 de marzo; 12, 19 e 26 de abril e 3, 10 e 24 de maio. A autora ofrecerá o mesmo curso en Pontevedra os días 17 e 24 de marzo; 14, 21 e 28 de abril e 5, 12 e 19 de maio. Posteriormente, en xuño Antonio García Teijeiro ofrecerá os días 2 e 9 en Pontevedra o seu Obradoiro de Poesía, mentres que en setembro será Anna Figueiredo impartirá o curso “Escribir unha novela”, en Vigo os días 15, 22 e 29 de setembro; 6, 13, 20 e 27 de outubro e 3 de novembro.

O escritor Diego Giráldez ofrecerá en Pontevedra o seu Obradoiro Literario os días 6, 13, 20 e 27 de outubro e 3 de novembro. Para pechar as actividades da Escola este ano, Elvira Ribeiro, que tamén debuta este ano na Escola, impartirá un Obradoiro de Poesía en Pontevedra os días 2 e 9 de decembro. Amais destes cursos, a Escola de Letras tamén ofrecerá nesta segunda edición varias materclass abertas a toda a cidadanía, nas se convida a diversas autoras e autores a realizar unha clase práctica.

A Escola de Letras da Deputación de Pontevedra e Editorial Galaxia é a primeira de Galicia e un dos poucos proxectos deste tipo existentes no Estado español. A iniciativa, que naceu o pasado ano 2020, busca fomentar o talento na provincia e xerar un espazo de encontro entre autoras e autores consagrados e persoas amantes da literatura galega, a través dun variado abano de obradoiros, de novela, relato ou poesía, para todas as idades.

Deja un comentario.

Tu dirección de correo electrónico no será visible. Los campos obligatorios están marcados con *

Información básica sobre protección de datos Ver más

  • Responsable Sthela María Táboas González.
  • Finalidad  Moderar los comentarios. Responder las consultas.
  • Legitimación Tu consentimiento.
  • Destinatarios  Sthela María Táboas González.
  • Derechos Acceder, rectificar y suprimir los datos.
  • Información Adicional Puedes consultar la información detallada en la Política de Privacidad.

Esta web utiliza cookies propias y de terceros para su correcto funcionamiento y para fines analíticos. Al hacer clic en el botón Aceptar, aceptas el uso de estas tecnologías y el procesamiento de tus datos para estos propósitos. Personalizar Cookies
Privacidad