Redacción 03/03/2021

Para o Certificado de profesionalidade Actividades auxiliares de Viveiros, Xardíns e Centros de Xardineria, cunha duración de 9 meses

 

 

Os concellos de Salceda de Caselas e Salvaterra de Miño, veñen de solicitar conxuntamente unha axuda para un Obradorio de Emprego denominado SUSTENTABLE, ao abeiro da convocatoria de subvencións para os obradoiros duais de emprego da Consellería de Emprego e Igualdade.

Este Obradoiro no que participarán 20 alumnos traballadores durante 9 meses, será solicitado conxuntamente polos dous concellos en el impartiranse os certificados de profesionalidade de Actividades auxiliares en viveiros, xardíns e centros de xardinería, Actividades auxiliares en conservación e mellora de montes, ámbolos dous de nivel 1 e Xestión de residuos urbáns e industriais e Limpeza en espazos abertos e instalación industriais ámbolos dous de nivel 2. As prácticas profesionais desenvolveranse en ámbolos dous concellos con excepción do certificado de Actividades auxiliares en conservación e mellora de montes que se realizará íntegramente en Salvaterra de Miño, concretamente en Monte Castelo, Pesqueiras e o de Xestión de residuos urbáns que se realizará no Concello de Salceda.

Os obradoiros duais de emprego configúranse como programas mixtos de emprego e formación que teñen por finalidade mellorar a ocupabilidade das persoas desempregadas de dezaoito ou máis anos de idade, mediante a realización de obras ou prestación de servizos de interese xeral e social que posibiliten ao alumnado participante a realización dun traballo efectivo que, xunto coa formación profesional para o emprego recibida, relacionada directamente co devandito traballo, procure a súa cualificación profesional e favoreza a súa posterior inserción laboral no mercado de traballo.

Esta web utiliza cookies propias y de terceros para su correcto funcionamiento y para fines analíticos. Al hacer clic en el botón Aceptar, aceptas el uso de estas tecnologías y el procesamiento de tus datos para estos propósitos. Personalizar Cookies
Privacidad