Redacción 03/03/2021

Dende mañá @s veciñ@s xa se poden rexistrar na plataforma na que poderán disfrutar de distintas disciplinas deportivas guiadas por monitores

 

 

A partires do 4 de Marzo o Concello de Salvaterra de Miño dará acceso a todos os seus veciñ@s a “Gimnasio TV”, unha novedosa plataforma de fitness dixital, de xeito gratuito. Desenrolada pola empresa de xestión deportiva Sportmadness, ofrécense clases de Ioga, Baile Activo, Pilates, Ximnasia de Mantemento e Baile con monitores especializados, que estarán dispoñibles 24/7 e en calquera dispositivo con conexión a Internet.

Nunha tempada na que a pandemia obrigou a establecer limitacións na práctica deportiva, a Concellería de Deportes de Salvaterra de Miño aposta por ofrecer unha solución dixital para todos os seus veciños e veciñas, que poida complemetar as súas actividades presenciais.

Asimilando a súa estructura á de plataformas de vídeo como Netflix, Gimnasio TV persegue ofrecer un complemento flexible e de alta calidade ao deporte presencial. Todo iso por medio dunha plataforma sinxela e para tod@s @s habitantes do Concello.

O concelleiro de Deportes de Salvaterra de Miño, Edgar Martínez, explicou que se trata “dunha iniciativa que permitirá loitar fronte os estragos físicos e psicolóxicos derivados da pandemia, dun xeito seguro e guiado, xa que se pode facer dende a casa”.

Pola súa parte, o delegado de Sportmadness en Pontevedra, Pablo Goberna, engadía “estamos moi orgullosos de que O Concello de Salvaterra de Miño aposte por Gimnasio TV e así poder axudar na práctica deportiva a todos @s seus veciñ@s”.

A Concellería de Deportes de Salvaterra de Miño e Sportmadness xa traballan unidos para dar a coñecer a plataforma no municipio e apoiar a todos os usuarios que queiran comezar a usala. Para que @s vecin@s poidan gozar do servizo, solo teñen que acceder a www.gimnasiotv.com e realizar o seu rexistro.

Esta web utiliza cookies propias y de terceros para su correcto funcionamiento y para fines analíticos. Al hacer clic en el botón Aceptar, aceptas el uso de estas tecnologías y el procesamiento de tus datos para estos propósitos. Personalizar Cookies
Privacidad