Redacción 02/03/2021

A asociación reclama reforzar o servizo con máis persoal para garantir unha atención de calidade ás usuarias

Tamén denuncia o incumprimento do decreto que regula os CIM

 

 

Co motivo da conmemoración do Día Internacional da Muller, a Asociación de Profesionais dos Centros de Información á Muller (ASOCIM) quere poñer en valor o traballo que realizamos nos CIM na promoción da igualdade entre mulleres e homes. 

Para ASOCIM é urxente estabilizar a situación laboral das profesionais dos CIM, un servizo declarado esencial polo Real Decreto-lei 12/2020 do 31 de marzo. Solicita que se unifiquen os criterios na clasificación das traballadoras dentro da área de Igualdade nos cadros de persoal dos concellos e nas Relacións de Postos de Traballo (RPT) que están en fase de realización en bastantes concellos. Á entidade preocúpalle que só un 27% dos CIM se reflictan correctamente nas RPT como un servizo independente, mentres que o 73% restante encádrase noutras áreas. Reivindica que os CIM, como servizo específico atendido por profesionais expertas en igualdade, sexan recoñecidos como tal.

Ademais, e relacionado coa súa consideración como servizo esencial, a entidade que aglutina ao persoal técnico dos CIM de Galicia considera que dita singularidade non se corresponde coa regularización dos postos das traballadoras nin tampouco coa inversión nos mesmos por parte das diferentes administracións competentes, o que se traduce en traballos precarizados en bastantes centros.

A asociación tamén denuncia que a obrigatoriedade da substitución das incapacidades laborais estase a vulnerar na maioría das ocasións, coa consecuente desatención do servizo que isto provoca.

Co obxectivo de garantir a calidade e dignidade deste servizo, ASOCIM reclama ante as diferentes administracións o cumprimento do Decreto 130/2016 especialmente en relación ás dez horas mínimas estipuladas para as profesionais técnicas que non estean contratadas a tempo completo, algo que non se respecta en tódolos concellos que contan cun CIM. Un cómputo de horas que, en opinión desta entidade, son insuficientes para poder atender axeitadamente ás usuarias, tendo en conta o incremento no número de consultas e á complexidade destas.

Por iso, ASOCIM considera absolutamente necesario e imprescindible ampliar as horas mínimas de atención e reforzar os Centros de Información á Muller con máis persoal, incluíndo novos perfís profesionais.

Deja un comentario.

Tu dirección de correo electrónico no será visible. Los campos obligatorios están marcados con *

Información básica sobre protección de datos Ver más

  • Responsable Sthela María Táboas González.
  • Finalidad  Moderar los comentarios. Responder las consultas.
  • Legitimación Tu consentimiento.
  • Destinatarios  Sthela María Táboas González.
  • Derechos Acceder, rectificar y suprimir los datos.
  • Información Adicional Puedes consultar la información detallada en la Política de Privacidad.

Esta web utiliza cookies propias y de terceros para su correcto funcionamiento y para fines analíticos. Al hacer clic en el botón Aceptar, aceptas el uso de estas tecnologías y el procesamiento de tus datos para estos propósitos. Personalizar Cookies
Privacidad