Redacción 27/02/2021

Coma novidade laboral este servizo pon en marcha unha bolsa de emprego 

 

 

O Concello de Tui volve contar co. A concellería de Formación e Emprego puxo de novo en marcha o servizo de Orientación Laboral para o emprego, dirixido a persoas empadroadas no municipio e que se atopen en proceso de procura de emprego, ou se expoñan a posta en marcha de proxectos emprendedores ou de autoemprego.

O servizo, que xa está en funcionamento, está situado nas instalacións do Centro Municipal de Formación en Guillarei. Ofrece información, asesoramento e recursos para a procura de emprego ou formación, así como os recursos de apoio necesarios para aquelas persoas que opten polo emprendemento.

A través deste servizo de atención personalizada, a cargo de persoal técnico especializado, as persoas poderán mellorar a súa empregabilidade mediante o deseño de itinerarios personalizados de inserción. Ademais recibirán formación e axuda técnica para a elaboración do currículum e para a preparación de entrevistas, recursos e ferramentas para a procura activa de emprego, oferta formativa ou asesoramento sobre o mercado laboral e mobilidade laboral transfronteiriza.

Coa finalidade de reducir a fenda dixital, o servizo incorpora o acceso a unha aula tecnolóxica para facilitar a procura de emprego a través das novas tecnoloxías.

Como novidade o servizo de orientación laboral pon en marcha unha bolsa de emprego municipal, á que se poderán incorporarán aquelas persoas que se atopen en procura activa de emprego. Tamén poderán acceder á bolsa as empresas da contorna con necesidade de cubrir vacantes.

As persoas e empresas interesadas, poderán solicitar o servizo de orientación e intermediación laboral mediante cita previa, no número 986 603228 ou a través do correo orientación@tui.gal

A Concelleira de Emprego, Ana Mª Núñez, amosa a súa satisfacción “pola posta novamente en marcha do servizo de orientación, nun momento de especial necesidade e incerteza do mercado laboral para as persoas en procura de emprego. Destaca que isto supón unha aposta decidida deste goberno polo emprego”.

Esta web utiliza cookies propias y de terceros para su correcto funcionamiento y para fines analíticos. Al hacer clic en el botón Aceptar, aceptas el uso de estas tecnologías y el procesamiento de tus datos para estos propósitos. Personalizar Cookies
Privacidad