A ministra de Sanidade coñeceu de primeira man o avance no estudo das dúas vacinas Covid que se están a elaborar en Biofabri
A alcaldesa do Porriño, Eva García de la Torre, acudíu hoxe ás instalacións de fabricación que o Grupo Zendal ten en Torneiros, para recibir e acompañar a ministra de Sanidade, Carolina Darias, xunto co delegado do Goberno, Javier Losada; o concelleiro de Sanidade, Julio García; a directora da Axencia Española do Medicamento, María Jesús Lamas; e como non os anfitrións, a diretiva do grupo farmacéutico.
A ministra mantivo unha reunión de traballo cos responsables do Grupo Zendal e realizou posteriormente unha visita ás instalacións. Carolina Darias puido coñecer de primeira man o proceso de elaboración das vacinas contra a Covid, das dúas que están a desenrolar nas instalacións.
Por un banda a de “Biofabri”, nunha das plantas do Grupo Zendal, en alianza coa compañía farmacéutica americana “Novavax”.
Por outra banda, en Biofabri están a traballar no desenvolvemento doutra vacina, exclusivamente española, en colaboración co Consello Superior de Investigacións Científicas -CSIC-.