Redacción 23/02/2021

“Catálogo de criaturas mitolóxicas e fantásticas galegas” é o subtítulo dunha nova obra que, mediante texto e ilustracións, pretende manter viva e transmitir dunha maneira “sinxela, directa e coloquial” a tradición mitolóxica e popular galega. A obra estará disponíbel a partir de marzo.

 

“Perder o medo é un exercicio inútil de soberbia porque sempre nos rolda. É unha falta de respecto”. Así é presentada a intención deste novo libro nacido no Porriño, e que será levado ás librarías por Galaxia a partir de marzo. A obra pretende rendir “homenaxe a algúns deses seres que levan dando medo durante moitos séculos e hoxe vagan polo noso esquecemento”. Mediante unha compilación de ilustracións e concisos textos explicativos, realízase unha revisión dos elementos máis característicos da mitoloxía galega, onde a natureza aparece como protagonista poñendo o escenario, a luz e os personaxes principais.

Esta web utiliza cookies propias y de terceros para su correcto funcionamiento y para fines analíticos. Al hacer clic en el botón Aceptar, aceptas el uso de estas tecnologías y el procesamiento de tus datos para estos propósitos. Personalizar Cookies
Privacidad