Redacción 17/02/2021

AFAGA ofrecerá servicios e actividades dirixidas as persoas enfermas de Alzheimer e outras demencias

As persoas interesadas en ocupar algunha das prazas libres poden poñerse en contacto cos Servizos Sociais do Concello

 

           

O Concello de Salceda de Caselas ven de estrear o seu centro terapéutico, ubicado na antiga escola de Vendanova, e que servirá para acoller as actividades de AFAGA no municipio.

AFAGA atende a persoas diagnosticadas de alzheimer ou outras demencias, nun programa xestionado a través dos servizos sociais. Neste momento existen prazas dispoñibles, polo que as persoas interesadas poden dirixirse a este departamento para tramitar a súa solicitude.

O Concello de Salceda realizou a primeira fase da recuperación do edificio dentro do Plan Concellos 2019, cun investimento de 61.058,77 €, e a previsión é a de poder realizar a segunda fase no Plan Concellos deste ano, para poder facer uso tamén da segunda planta do edifico e poder deste xeito ampliar os servizos que ofrecerá AFAGA.

O Concello de Salceda leva anos ofrecendo actividades para as persoas enfermas de Alzheimer e outras demencias. Calcúlase que uns 200 veciños e veciñas de Salceda padecen algunha enfermidade neurodexenerativa, polo que este tipo de programas resultan fundamentais na procura do seu máximo benestar, proporcionándolles as ferramentas e o apoio necesarios a través dunha atención individualizada.

O presidente de AFAGA, Juan Carlos Rodríguez, quixo poñer en valor o compromiso do Concello de Salceda coas persoas con deterioración cognitiva e as súas familias coidadoras, e  destacou o desenvolvemento de programas de prevención para toda a veciñanza, nun centro que será modelo de referencia en toda Galicia para a creación das unidades terapéuticas no rural.

A concelleira de Benestar Social, Gela Ledo, resaltou a importancia da atención aos colectivos máis vulnerables, como neste caso, con servizos que lle permitan manter unha maior auotonomía persoal.

A alcaldesa de Salceda, Loli Castiñeira, declarou que “se tráta dun proxecto que xa iniciamos na lexislatura anterior e que chega nun momento chave. Enmárcase dentro do proceso de recuperación de edificios municipais para destinalos a diferentes usos, neste caso a un colectivo tan importante como é o das nosas persoas maiores, que coa situación de pandemia que temos actualmente precisan máis que nunca esa atención”.

Esta web utiliza cookies propias y de terceros para su correcto funcionamiento y para fines analíticos. Al hacer clic en el botón Aceptar, aceptas el uso de estas tecnologías y el procesamiento de tus datos para estos propósitos. Personalizar Cookies
Privacidad