Este aula, pechada na actualidade, será empregada para formación de alumnos do Centro de Educación Especial
O Concello de Porriño e “Aceesca” asinaron hoxe a cesión de uso temporal, da aula de restauración existente no Multiusos Municipal de Torneiros; que se empregará para formación práctica de alumnos do centro de educación especial.
O concelleiro de Servizos Sociais, David Alonso, asinou a cesión de uso esta mañá, co presidente da Asociación para o Apoio ás Persoas con Diversidade Intelectual, Esteban Bacelo, en presenza da xerente de “Aceesca”, Angeles Leirós.
A cesión realizarase do 23 de febreiro ao 14 de maio, en horario de mañá -de 10:00 a 14:00 h). A formación será para un curso de “Auxiliar de operacións básicas de restaurante-bar”, dirixido a persoas con discapacidade intelectual.
O documento establece que se deben respectar os protocolos de seguridade sanitarios, necesarios na prevención do Covid.