Redacción 16/02/2021

O pasado mes de novembro, o Xulgado de 1ª instancia do Porriño desestimaba as acusacións da alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, contra veciños do municipio mobilizados en defensa dos recursos naturais hídricos afectados polo macroproxecto do Celta no concello. Unha vez máis, a xustiza confirma a inocencia dos veciños e veciñas sinalados polo Concello, que emite unha nota de prensa insistindo na existencia de “faturas falsas” e dunha “trama política” contra a alcaldesa.

 

O Concello de Mos informa de que foi desestimado o recurso de apelación presentado o pasado 23 de novembro sobre o que infundadamente insiste que son “presuntos delitos de suplantación de identidade e falsedade documental por parte da Comunidade de Montes de Tameiga” no caso dos “recibos falsos da auga”, que ademais nunca foron enviados. A verdade, tal como reflicte a xuíz no auto de data 9 de febreiro de 2021, é que “o documento falsificado en cuestión, dadas as súas características, nunca podería inducir a erro aos seus destinatarios” e que “non pode considerarse un medio idóneo para obter un fin ou causar un dano, pois calquera pode darse conta da falsedade”.

Non se trataba, polo tanto, de recibos falsos, mais a rexedora mosense prefire insistir na existencia dos mesmos e dunha trama política contra ela. Desestimado o recurso, a rexedora local mosense quere “pechar este lamentable capítulo”; unha batalla legal cuxos custos para as finanzas municipais alcanzaron polo menos os 15.000 euros.

Esta web utiliza cookies propias y de terceros para su correcto funcionamiento y para fines analíticos. Al hacer clic en el botón Aceptar, aceptas el uso de estas tecnologías y el procesamiento de tus datos para estos propósitos. Personalizar Cookies
Privacidad