Redacción 12/02/2021

A deputada Alexandra Fernández e o concelleiro Gustavo Barcia mantiveron un encontro coas traballadoras afectadas pola liquidación da empresa. Comprometéronse a exercer presión a todos os niveis institucionais para reclamar a continuidade da fábrica en Mos.

 

O anuncio da liquidación de Pili Carrera ameaza con levarse por diante sesenta postos de traballo e o persoal, que non cobrou o soldo do último mes, apenas recibiu información por parte da dirección. A deputada do BNG no Parlamento Galego Alexandra Fernández e o portavoz nacionalista no concello de Mos, Gustavo Barcia, mantiveron un encontro coas traballadoras que están facer garda nas instalacións e ofrecéronse a facer de altofalante das súas reivindicacións ante as distintas administracións. Amosaron tamén a súa solidariedade ante a situación de incerteza que están a vivir neste momento, xa que descoñecen cales son as intencións da empresa e non saben, tan sequera, se van cobrar o que se lles debe.

Para Alexandra Fernández, “no actual contexto de crise que estamos a vivir, sería imperdoable que se perderan eses postos de traballo e a Xunta de Galiza, que ten competencias na materia, é a primeira que debe tomar cartas no asunto”. O BNG vai reclamar a continuidade da fábrica, que conta con persoal cualificado e co equipamento preciso para manter a produción. “Non podemos permitir que peche outra industria no país”, insistiu a deputada, que vai esixir “transparencia absoluta” sobre a relación da empresa coa administración e as axudas públicas que Pili Carrera puidera recibir nos últimos tempos.

Gustavo Barcia trasladou o apoio do Consello Local do BNG ás demandas do comité de empresa e comprometeuse a defender, na corporación municipal, “os intereses das traballadoras e os traballadores afectados”. O concelleiro lembrou que o BNG votou, no seu momento, en contra da concesión da Medalla do Concello de Mos a Pili Carrera e posteriormente presentou, sen éxito, unha solicitude para que lle fora retirado o recoñecemento. “Xa naquel momento denunciáramos a mala xestión que se estaba a facer da empresa e por desgracia cumpríronse os nosos prognósticos”, indica Barcia. Na súa opinión, “unha persoa que leva un negocio rendible á bancarrota e agora lle dá unha patada aos seus traballadores non merece ningunha medalla ao Mérito Empresarial”.

Deja un comentario.

Tu dirección de correo electrónico no será visible. Los campos obligatorios están marcados con *

Información básica sobre protección de datos Ver más

  • Responsable Sthela María Táboas González.
  • Finalidad  Moderar los comentarios. Responder las consultas.
  • Legitimación Tu consentimiento.
  • Destinatarios  Sthela María Táboas González.
  • Derechos Acceder, rectificar y suprimir los datos.
  • Información Adicional Puedes consultar la información detallada en la Política de Privacidad.

Esta web utiliza cookies propias y de terceros para su correcto funcionamiento y para fines analíticos. Al hacer clic en el botón Aceptar, aceptas el uso de estas tecnologías y el procesamiento de tus datos para estos propósitos. Personalizar Cookies
Privacidad