Redacción 12/02/2021

A entidade bancaria pon a disposición da Asociación de Comerciantes e Industriais doPorriño numerosas opcións de crédito para os autónomos e pemes da localidade activando as liñas de financiamento do ICO para apoiar as necesidades dos asociados

 

 

ABANCA e a Asociación de Comerciantes e Industriais do Porriño -ACIPOR- veñen de renovar o seu acordo de colaboración de tipo financeiro, que ten como obxectivo o impulso e mantemento dos negocios locais, no marco da situación social e económica xerada pola crise da COVID-19.

A presidenta da Asociación de Comerciantes e Industriais do Porriño, Juana Pérez Rodríguez, e o director da oficiña porriñesa da rúa Ramón González, Jorge García González, foron os encargados de rubricar o convenio de colaboración e deste xeito renovar o compromiso que mantén o banco co tecido empresarial da zona.

No documento reflíctese a posta a disposición dunha serie de servizos e produtos financeiros que permitirán dar resposta ás necesidades das empresas, sempre coas mellores condicións. Así, contarán con produtos deseñados de forma específica para poñer en marcha novos proxectos empresariais, pero tamén para mellorar a competitividade dos existentes. Por iso, ABANCA ofrece unha serie de préstamos e outras opcións de financiamento, como as pólizas de crédito, leasing mobiliario ou liñas de desconto comercial.

Ademais, para facilitar a competitividade dos asociados, os clientes terán á súa disposición o servizo de financiamento APLAZOS que lles ofrece o banco, co que poderán financiar as compras de forma rápida, sinxela e económica.

No texto tamén se recolle unha oferta mellorada para a contratación de TPV físico, pero tamén virtual, que cobra especial importancia hoxe en día, en especial polas necesidades actuais de distanciamento social.

Así mesmo, ABANCA reforza o seu compromiso co sector mediante o apoio ás necesidades actuais dos asociados, acentuadas notablemente pola crise da COVID-19. Polo tanto, o banco activa as liñas de financiamento oficiais do organismo público ICO.

A maiores, tanto comerciantes como empresarios adheridos, poderán beneficiarse das vantaxes que ofrece o Programa Cero Comisións de ABANCA, que permite deixar de pagar polo mantemento das contas e tarxetas, pero tamén por outros servizos habituais como transferencias ou ingreso de cheques.

Deja un comentario.

Tu dirección de correo electrónico no será visible. Los campos obligatorios están marcados con *

Información básica sobre protección de datos Ver más

  • Responsable Sthela María Táboas González.
  • Finalidad  Moderar los comentarios. Responder las consultas.
  • Legitimación Tu consentimiento.
  • Destinatarios  Sthela María Táboas González.
  • Derechos Acceder, rectificar y suprimir los datos.
  • Información Adicional Puedes consultar la información detallada en la Política de Privacidad.

Esta web utiliza cookies propias y de terceros para su correcto funcionamiento y para fines analíticos. Al hacer clic en el botón Aceptar, aceptas el uso de estas tecnologías y el procesamiento de tus datos para estos propósitos. Personalizar Cookies
Privacidad