Redacción 02/02/2021

Con 129 casos activos a día de hoxe, xa vai sendo hora de que os cribados cheguen á vila

 

 

Dado o aumento dos contaxios e a alta taxa de incidencia que presenta O Porriño, a alcaldesa, Eva García, pídelle á Consellería de Sanidade que realice un cribado masivo no municipio.

A alcaldesa enviou a solicitude por escrito á Xerencia da Área Sanitaria de Vigo, aproveitando que actualmente se están a realizar cribados similares en varios concellos da zona.

Segundo a actualización de hoxe do Sergas, O Porriño ten 129 casos activos e unha tasa de incidencia de 610. Estes datos foron comunicados por Eva García aos membros da Comisión Municipal de Seguimento da Covid, que se reuníu por vía telemática.

Mantéñense as medidas adoptadas polo Concello, incluída a suspensión temporal do mercado ambulante que hoxe xa non se celebraba.  Precisamente, o concelleiro de Mercados, Sergio Casal, informou á Comisión acerca do falado cos representantes do grupo de vendedores ambulantes, para que tamén poidan aproveitar a nova bolsa de axudas económicas directas convocadas polo Concello do Porriño, que se especificará en breve.

Deja un comentario.

Tu dirección de correo electrónico no será visible. Los campos obligatorios están marcados con *

Información básica sobre protección de datos Ver más

  • Responsable Sthela María Táboas González.
  • Finalidad  Moderar los comentarios. Responder las consultas.
  • Legitimación Tu consentimiento.
  • Destinatarios  Sthela María Táboas González.
  • Derechos Acceder, rectificar y suprimir los datos.
  • Información Adicional Puedes consultar la información detallada en la Política de Privacidad.

Esta web utiliza cookies propias y de terceros para su correcto funcionamiento y para fines analíticos. Al hacer clic en el botón Aceptar, aceptas el uso de estas tecnologías y el procesamiento de tus datos para estos propósitos. Personalizar Cookies
Privacidad