Redacción 30/12/2020

Previa inscripción e rexistro dos nen@s, as Súas Maxestades de Oriente poranse en contacto un a un cos cativ@s

 

Un total de 602 familias rexistráronse ata hoxe, último día do prazo, para que os seus fillos reciban unha video chamada dos Reis Magos, unha iniciativa do Concello do Porriño, organizada pola Concellería de Festas e Cultura, de acordo cos protocolos de seguridade que veñen obrigados pola pandemia.

“Este ano 2020, debido á alerta sanitaria motivada pola Covid-19, e sabendo que os Reis Magos tamén se modernizan, o Concello facilita que as Súas Maxestades de Oriente, se poñan en contacto coa rapazada a través de vídeo chamada”, segundo explicou a concelleira responsable, Cami Moreira.

Ademais, tendo en conta a posibilidade de que algunhas familias non poidan ter acceso a internet, o Concello fará chegar á vivenda indicada e no día acordado, un dispositivo electrónico para poder facer a conexión da vídeo chamada.

Por outra banda, “O Apalpador” estivo hoxe no Porriño na zona peonil, saudando e falando cos nen@s porriñeses e contaulles como é a vida na alta montaña e as súas marabillosas lendas. Esta visita realizouse coa colaboración da Deputación de Pontevedra.

Esta web utiliza cookies propias y de terceros para su correcto funcionamiento y para fines analíticos. Al hacer clic en el botón Aceptar, aceptas el uso de estas tecnologías y el procesamiento de tus datos para estos propósitos. Personalizar Cookies
Privacidad