Redacción 21/12/2020

Catro ouros, unha prata e o premio ao mellor equipo para a escola de ciclismo Avanza na Copa Galicia De Ciclocross.

Fin de semana cargada de emocións con catro maiots de líder en xogo nas filas do avanza, mais a organización da antepenúltima proba da Copa Galicia de Ciclocross disputada na xornada do sábado. Como ben se sabe no concello de O Porriño respírase ciclismo por todos os costados, e como xa ven sendo tradición, a Asociación Deportiva Avanza fixo estremecer os cimentos dun velódromo cunha nova proba do ciclocross galego, onde os amantes do barro atopáronse as condicións idóneas para amosar as súas habilidades sobre estes terreos.

No remate da xornada os riders do Avanza conseguían manter no seu poder os maiots de lideres un día mais, maiots que se ían volver a poñer en xogo en menos de vintecatro horas no concello ourensán de Maceda. O velódromo despedía un intenso día de ciclocross cun André Martínez imparable de cara a gañar o liderato da copa o impoñerse con autoridade na categoría cadete masculino, na categoría cadete feminino Uxía Soto a pesar de non poder coa corredora do caimáns de Betanzos despois de varias caídas a prata lograda no Porriño case garantindo o liderato final da copa acompañada no terceiro caixón do podio da súa compañeira de filas Ároa Otero. Laura Mira a Júnior Fémina do Avanza conseguía gañar na proba local e sumar puntos de cara o clasificación xeral e, David Fernández ,que a pesar de varios atrancos mecánicos que lle obrigaron a entrar en meta coa bicicleta da man, conseguía a terceira posición mantendo o maiot de líder cun pequeno marxe de puntos de cara a xornada do domingo.

Na xornada do domingo  Maceda poñía o broche final a Copa Galicia de Ciclocross, nun circuíto mais corredor que da xornada anterior, que ía supoñer un escenario similar o da xornada do día anterior, na categoría cadete masculino André Martínez gañaba a proba na categoría Cadete masculino, unha Uxía Soto conseguía entrar na segunda posición na categoría Cadete feminino seguida na terceira posición de Ároa Otero. Laura Mira unha vez mais cruzou o arco de meta en primeira posición na categoría Júnior Feminino e David Fernández, que despois do mal sabor de boca do día anterior, conseguía gañar na proba de Maceda.

Despois dun duro ano sen adestramentos, onde compre agradecer que os patrocinadores mantiveran firmes o seus acordos pese a falta de probas e actividade case todo ano, a dura labor das directivas adaptándose os protocolos COVID e as novas actualidades que se ían dando derivadas da evolución da pandemia A escola de Ciclismo Avanza consegue endulzar o peche de ano con catro medallas de ouro, unha de  bronce e o premio o mellor Club da Copa Galicia de Ciclocross.  André Martínez, Uxía Soto, Laura Mira e David Fernández campións da Copa Galicia De Ciclocross e Marta Estévez medalla de bronce.

A asociación deportiva Avanza comeza a ser unha escola referente no ciclismo galego, galardoada co premio ao mellor equipo da Copa Galicia de Ciclocross, escola de ciclismo que dende o seu inicio é dirixida por un plantel de técnicos inigualable. Luís Fernández Oliveira, unha peza clave na aprendizaxe dos alumnos e riders da escola. Abel Maceira, un gran estímulo de garra e nervo para os alumnos da escola e para todos os pequenos ciclistas do Avanza. Xacob Agra, que aínda que xa non esta nas filas do corpo técnico do Avanza tiveron o pracer de compartir e poñer en práctica os consellos e coñecementos aportados por Xacob despois de moitos anos nos deportes de dúas rodas primeiro no mundo do motocross. E nos últimos anos, un referente no ciclocross galego, ocupando o seu lugar Aarón Mariño no corpo técnico o corredor do Club Ciclista Froiz.

Deja un comentario.

Tu dirección de correo electrónico no será visible. Los campos obligatorios están marcados con *

Información básica sobre protección de datos Ver más

  • Responsable Sthela María Táboas González.
  • Finalidad  Moderar los comentarios. Responder las consultas.
  • Legitimación Tu consentimiento.
  • Destinatarios  Sthela María Táboas González.
  • Derechos Acceder, rectificar y suprimir los datos.
  • Información Adicional Puedes consultar la información detallada en la Política de Privacidad.

Esta web utiliza cookies propias y de terceros para su correcto funcionamiento y para fines analíticos. Al hacer clic en el botón Aceptar, aceptas el uso de estas tecnologías y el procesamiento de tus datos para estos propósitos. Personalizar Cookies
Privacidad