Redacción 18/12/2020

O pasado 10 de decembro a alcaldesa do Porriño fala da pinza entre o grupos municipais do PP e Eu-son 

Eu-Son Esquerda Unida do Porriño en nota de prensa comenta sobre o Psoe-Bng   Bng-Psoe pinzando aos pequenos 

A disputa entre os grupos municipais do Porriño pola suposta “pinza” escomenza dende o pasado 10 de decembro ante a convocatoria dun pleno extraordinario con 4 puntos, do cal o 1 non se celebrou por enfermidade da Concelleira de Economía e Facenda, onde tiña pendente unha comparencia. O segundo punto da orde do día era a revisión de oficio da facturación presentada pola empresa Ascan e o levantamento de 95 reparos que saíu aprobada con 7 votos do PP e 2 de Eu-Son. O 3 ponto tamén aprobouse a creación dunha rede de voluntarios con partida orzamentaria e organismo de representación por 7 votos do PP e 4 do PSoe, frente a  2 na contra do Bng e a abstención de Eu-son. E o derradeiro non se aprobou polo voto de calidade da Alcaldía para elaborar unha programación cultural adaptada a pandemia.

Nese remate do pleno extraordinario presencia saíron as criticas de Eva García  valorando esa sesión coma “vacía de contido” e “dispendio innecesario”, pero que celebrou pola pinza exercida polas duas concelleira do grupo Eu-Son sumándose a petición de convocatoria de pleno extraordinario do PP.

O día 18 Eu-Son publica unha nova dunha moción aprobada por unanimidade no pleno do 26 de Agosto para a dinaminación do pequeno comercio e de proximidade mediante unha campaña promocional de cheques regalo. Impulsada dende a Concellería de Comercio cun sorteo de cheques regalo, e facendo unha difusión da campaña co máximo apoio dende o Concello.

Na nota de Eu-son Porriño comentan “Estamos remantado o ano e o goberno municipal non moveu un dedo. Pola contra, no Pleno ordinario do 25 de novembro, o BNG propuxo e o PSOE apoiou a condonación de parte do canon de explotación das canteiras en parcelas municpais durante a fase de confinamento polo COVID. O 14 de decembro xa estaba asinado o decreto aprobando o desconto a unha das empresas, que ademais tiña débeda pendente de pago. Estas son as prioridades do PSOE e do BNG do Porriño, andar lixeiros para axudar aos máis pequenos vese que non. Noutros concellos saen adiante este tipo de iniciativas…quen fai pinza aquí?”

Esta web utiliza cookies propias y de terceros para su correcto funcionamiento y para fines analíticos. Al hacer clic en el botón Aceptar, aceptas el uso de estas tecnologías y el procesamiento de tus datos para estos propósitos. Personalizar Cookies
Privacidad