Redacción 10/12/2020

A valoración de Eva García De la Torre sobre a celebración dun pleno extraordinario no día de hoxe,  “INNECESARIO” e “Custoso” 

A alcaldesa, Eva García valorou que o pleno municipal extraordinario celebrado hoxe a solicitude do Partido Popular “foi baleiro de contido e un dispendio innecesario”.

A rexedora indicou que “para catro asuntos que non xustificaban semellante convocatoria”, a celebración deste pleno municipal “custoulle aos cidadáns do Porriño 5.000 € en dietas de asistencia dos corporativos que, por certo, non cobramos os membros do goberno municipal”. “Unha cantidade de cartos que poderiamos ter aforrados coa que poderíamos dar de comer a moita xente no Banco de Alimentos”, segundo García de la Torre.

No punto número 1 da orden do dia a Comparecencia da Concelleira de Economía e Facenda sobre o requirimento da Dirección Xeral de Política Financieira, tesouro e Fondos europeos, da Consellería de Economía e Facenda sobre o acordó de non disponibilidade de créditos por importe de 4.156.032€, que non se levou a cabo por estar de Baixa Lourdes Moure. Acordaron os grupos municipais que se realice cando se incorpore.

O punto 2, acordo aprobatorio da revisión de oficio ou o proceso que corresponda sobor da facturación presentada pola empresa Ascan, sobre o cal o PP presentou un voto particular para anular as facturas irregulares sobre Ascan servicios municipais, a cal acusa de non ter contratación.

Eu-son do Porriño se pronunciou sobre a necesidade de revisar a documentación da facturación que dende a alcaldía di que é correcta, e non atopa impedimento a esa revisión si está correcta, e apoian a proposta, inda que seguen pendente da entrega da documentación dende a intervención do Concello.

O Bng sostén que non hai intención de agochar información dende o servizo de intervención, e que o voto particular presentando polo grupo do PP non foi presentado na comisión anterior o pleno, e votou a favor do punto da revisión de oficio da facturación.

Se votou sobre a revisión de oficio da facturación, e se pediu informe o secretario municipal sobre a tramitación do expediente de responsabilidad patrimonial sobre os membros da corporación municipal que consentiron o gasto sen contratación.

A alcaldesa considera que o PP “estaba no seu dereito de pedir este pleno” pero lamentou a pinza que “están a facer agora as dúas concelleiras de EU Son que están a prestarlle cos seus votos apoio ao PP en calquera tropelía que queira cometer”.

Esta web utiliza cookies propias y de terceros para su correcto funcionamiento y para fines analíticos. Al hacer clic en el botón Aceptar, aceptas el uso de estas tecnologías y el procesamiento de tus datos para estos propósitos. Personalizar Cookies
Privacidad