A alcaldesa de Salvaterra de Miño e a conselleira de Infraestruturas mantiveron unha reunión na que tamén se comprobou o estado da redacción do proxecto de ampliación da ponte internacional
A alcaldesa de Salvaterra de Miño, Marta Valcárcel, reuniuse coa conselleira de Infraestruturas e Mobilidade, Ethel Mª Vázquez Mourelle, co fin de avanzar no programa de inversións no municipio.
Conselleira e a alcaldesa coinciden na importancia de certas liñas de actuación e así, priorízanse varias actuacións fundamentais como son: a financiación da Depuradora do Mendo, o saneamento de Oleiros, ou o convenio de traspaso de varias estradas autonómica, que quedaran enriba da mesa a consecuencia da COVID-19 e que permitirán a apertura da Rúa Galicia no Casco Urbano.
Ademais analizaron o estado no que se atopa a redacción do proxecto de ampliación da Ponte Internacional, que une Salvaterra e Monçao; un proxecto pioneiro que busca fomentar a mobilidade internacional sostible e que se está realizando da man de Infraestruturas de Portugal.