Redacción 09/12/2020

Este venres 11 terá lugar a última actuación deste ano do cicuito de teatro Amador e, o sábado 12, fin de xira da banda “Stoned at Pompeii”.

 

O ciclo de teatro Amador presenta “Rutinas”, sobre a vida dun matrimonio que xira a voltas coas rutinas, e a pesar de todo conseguen chegar a velliños. “Pasamos a vida queixándonos da rutina, e votámola de menos cando todo nos patina”, transmítese na comedia escrita por Betty Couse para Max Teatro. O reparto inclúe a Anuska Gonzalez e Yuyi Bastida, tamén directora.

O sábado, chega o fin de xira de STONED AT POMPEII no último concerto do “ANCROIDAL Tour”. Tras máis de dous anos sen tocar en casa en sala e con show completo. Como non podía ser doutra forma, SAP despedirán a xira en casa, onde soarán por última vez as cancións de ‘ANCROIDAL’ ao completo xunto a moitas sorpresas. Contará con absolutamente todas as medidas, para que a pesar das circunstancias excepcionais sexa posible gozar da música con total seguridade. Con todo vendido nos seus dous pases, o publico gozara dunha tarde de música e sorpresas especiais.

 

Esta web utiliza cookies propias y de terceros para su correcto funcionamiento y para fines analíticos. Al hacer clic en el botón Aceptar, aceptas el uso de estas tecnologías y el procesamiento de tus datos para estos propósitos. Personalizar Cookies
Privacidad