Redacción 23/11/2020

André Martínez, Uxía Soto, Marta Estévez, Laura Mira e David Fernández foron os protagonistas  do clube porriñés na primeira proba da Copa Galicia de Ciclocross disputada en Marín

 

Con moito traballo para o Clube XSM de Marín e incertidume para lograr sacar adiante a primeira proba da Copa Galicia de Ciclocross cun escenario cambiante, debido a pandemia que obriga case a diario a adaptar os protocolos Covid para conseguir manter en marcha as Escolas coas maiores garantías posibles.

Si  a evolución da pandemia o permite nunha semana será o club ciclista Corbelo de Sanxenxo, quen non escatima esforzos para sacar adiante a segunda proba do calendario, si a situación o permite; non podemos esquecer a gran merma de probas que sufriu o calendario galego de ciclocrós con respecto o ano 2019, pasando de 20 probas a 7, sempre e cando a evolución da pandemia o permita.

Cos resultados do test de antíxenos e protocolo COVID da federación asinado na man, os corredores da A.D. Avanza desprazáronse ata o concello de  Marín, para afrontar unha das probas clásicas do CX galego; proba que, como non podía defraudar, obrigou os riders a rodar a gran velocidade ao combinar partes do circuito moi rápidas con outras de barro.

Unha vez mais, os riders da escola de ciclismo Avanza estiveron presentes no podio, onde puxeron peche a primeira proba cun total de cinco podios.

A primeira hora da maña iniciaban a proba as categorías Cadetes,  Cadetes Fem. e Másters Fem. onde  os riders da A.D. Avanza conseguín os primeiros tres podios. Na categoría Cadete, André Martínez “taka” conseguía subir o primeiro posto; na categoría Cadete Fem., Uxía Soto conseguía cruzar a liña de meta e subindo o mais alto do podio  acompañada pola súa compañeira de equipo, Marta Estévez.

Na segunda ronda do día competiron as categorías Júnior,  Júnior Fem. , Elite Fem. e Sub23 fem. onde Laura Mira na categoría Júnior Fem. lograba tamén a primeira posición.

Na terceira ronda chegaba a hora das categorías Elite e sub23, aquí o rider da escola David Fernández, conseguía subir o 3º escalón do podio pechando unha gran xornada para A.D. Avanza.   

Non se pode deixar de destacar que, a menos dun mes de que o ciclocross galego visite o concello de O Porriño, a directiva da asociación traballa arreo para que se consiga levar a cabo unha das probas clásicas do CX galego. A situación actual obriga a estar realizando continuas modificacións da xestión das probas, adaptacións dos protocolos da federación, Xunta e o que implican as restricións que haxa en cada momento na localidade. 

Deja un comentario.

Tu dirección de correo electrónico no será visible. Los campos obligatorios están marcados con *

Información básica sobre protección de datos Ver más

  • Responsable Sthela María Táboas González.
  • Finalidad  Moderar los comentarios. Responder las consultas.
  • Legitimación Tu consentimiento.
  • Destinatarios  Sthela María Táboas González.
  • Derechos Acceder, rectificar y suprimir los datos.
  • Información Adicional Puedes consultar la información detallada en la Política de Privacidad.

Esta web utiliza cookies propias y de terceros para su correcto funcionamiento y para fines analíticos. Al hacer clic en el botón Aceptar, aceptas el uso de estas tecnologías y el procesamiento de tus datos para estos propósitos. Personalizar Cookies
Privacidad