Redacción 08/11/2020

O Concello pide á Deputación de Pontevedra se implique na dotación de equipamento aos Servizos de Emerxencias e a colaboración do Concello de Redondela para que o novo Grupo se poña en marcha canto antes. 

 

O Concello de Mos quixo mostrar esta semana satisfacción e a antgradecemento e a intención da Xunta de Galicia de mellorar e completar o mapa de emerxencias que cubre o territorio galego, a través de seis novas agrupacións (cinco GES e un servizo municipal financiado pola Xunta). 

A intención do Goberno galego é crear seis novos servizos de emerxencias (un na provincia da Coruña, dous en Ourense e tres en Pontevedr)-, coa colaboración dos Concellos e Deputacións Provinciais, para ofrecer unha mellor atención e tempos de resposta. Un dos tres novos GES de Pontevedra contará cunha base no municipio mosense, de ahí a satisfacción dos representantes locais, Arévalo e Costas. 

Esta boa nova dábana esta mañá a directora xeral de Administración Local, Natalia Prieto, e o director xeral de Emerxencias e Interior, Santiago Villanueva, que participaron na Comisión de seguimento dos Grupos de Emerxencia Supramunicipal (GES), na que tamén están representadas a Federación Galega de Municipios e Provincias (Fegamp) e as deputacións provinciais. 

Ademais dos seis novos servizos de emerxencias, propuxeron un novo emprazamento para o GES de Terra Chá-Lugo para que a base de Guitiriz pase a Friol pola renuncia do primeiro e para dar resposta á poboación da zona.

No caso da provincia de Pontevedra, a Administración autonómica presentou na Comisión de hoxe a posibilidade de contar con tres novos Grupos Supramunicipais de Emerxencias: Arbo, A Cañiza, Covelo e Crecente serían atendidos polo GES da Cañiza; Cerdedo-Cotobade, Fornelos de Montes, A Lama e Ponte Caldelas, por un novo GES con sede en A Lama; e Mos, Pazos de Borbén, Redondela e Soutomaior, polo GES Mos/Redondela, cunha base en cada un dos dous municipios.

En materia de financiamento, a Administración autonómica reafirmou o seu compromiso para seguir colaborando no mantemento dos GES, postos en marcha en 2013 en consenso entre a Xunta, Deputacións e Concellos. De feito, a proposta presentada hoxe con seis novos servizos, suporía un incremento no investimento por parte da Xunta de case 300.000 euros, ao pasar de 4,5 a máis de 4,8 millóns de euros, o que supón máis da metade do custo anual dos GES.

A este respecto desde o Concello de Mos a rexedora local mosense, Nidia Arévalo, e o edil de Emerxencias, Leo Costas, solicitan que a Deputación de Pontevedra se implique na dotación de equipamento aos Servizos de Emerxencias dos Concellos en xeral e ao Servizo Municipal de Emerxencias de Mos en particular, así como a GES e Agrupacións de Voluntarios de Protección Civil, das que Mos tamén conta con unha.

Para estes colectivos a Xunta destinou nos últimos dez anos 15,3 millóns de euros. Ademais, as achegas do Goberno galego para financiar os cinco consorcios provinciais e comarcais de bombeiros superan os 9,8 millóns de euros.

Ademais de reclamar a implicación da Deputación, desde o Concello de Mos espérase “que desde Redondela se acepte este novo Grupo Supramunicipal de Emerxencias conxunto, GES Mos/Redondela, e poder contar coa colaboración do Concello veciño para que se axilice todo o posible a posta en marcha deste novo servizo de emerxencias, tan necesario nestes tempos”, declararon Nidia Arévalo e Leo Costas.

Esta web utiliza cookies propias y de terceros para su correcto funcionamiento y para fines analíticos. Al hacer clic en el botón Aceptar, aceptas el uso de estas tecnologías y el procesamiento de tus datos para estos propósitos. Personalizar Cookies
Privacidad