Redacción 11/10/2020

Esta acción formativa desenrolada en Vigo, que pretende a inserción das persoas con discapacidade, forma parte do programa de inserción laboral Máis Emprego que financia Obra Social “la Caixa” en colaboración co Fondo Social Europeo

 

Finaliza con tres insercións laborais o curso de Expendedor de Combustible impartido pola Confederación Galega de Persoas con Discapacidade (COGAMI) en Vigo dentro do programa de inserción laboral Máis Emprego que financia Obra Social “la Caixa” en colaboración co Fondo Social Europeo.

Un total de 9 persoas recolleron o seu diploma tras finalizar esta acción formativa que contou con 75 horas lectivas impartidas en horario de mañá, tendo como obxectivo facilitar o acceso ao mercado de traballo por primeira vez ou reciclarse profesionalmente.

Procedente de Vigo, Nigrán, Mos e A Guarda o alumnado asistiu ás clases presenciaisdurante quince días, para as que contaron con todos os medios de protección e seguridade ante o COVID-19. Durante esta formación, adquiriron coñecementos que comprenden dende a instalación de estacións de servizo de gasolina, á atención ao cliente, o servizo de tenda, operación de caixa e prevención de riscos laborais.

Finalizado este curso, o alumnado realizouun seminario complementario dirixido á mellora da empregabilidade, no que aprenderon a manexar tanto ferramentas como técnicas que @s orienten de cara aos procesos de selección de emprego e a posterior inserción laboral.

Deja un comentario.

Tu dirección de correo electrónico no será visible. Los campos obligatorios están marcados con *

Información básica sobre protección de datos Ver más

  • Responsable Sthela María Táboas González.
  • Finalidad  Moderar los comentarios. Responder las consultas.
  • Legitimación Tu consentimiento.
  • Destinatarios  Sthela María Táboas González.
  • Derechos Acceder, rectificar y suprimir los datos.
  • Información Adicional Puedes consultar la información detallada en la Política de Privacidad.

Esta web utiliza cookies propias y de terceros para su correcto funcionamiento y para fines analíticos. Al hacer clic en el botón Aceptar, aceptas el uso de estas tecnologías y el procesamiento de tus datos para estos propósitos. Personalizar Cookies
Privacidad