A asociación deportiva é a primeira clasificada para o Campionato de España cun dos seus equipos, tras obter a victoria na fase previa
O Club de Petanca Condado Salvaterra vén de obter a victoria na Fase Previa Campionatos de España Dupletas de Segunda, celebrada nos días
19 y 20 de setembro de 2020, logrando así a clasificación dun dos seus equipos para xogar a competición nacional que tomará forma os días 17 e 18 de outubro en Palma de Mallorca.
Esta asociación fundada en 2004 participou na fase previa con dous equipos, obtendo dous excelentes resultados que ocuparon o primeiro e quinto posto na clasificación.
Dende o club manifestan o seu orgullo ante os resultados obtidos, sen esquecer a loita diaria dos deportistas que o conforman, tanto neste ano rexido polas dificultades de manter un calendario deportivo nunha tempada baixo o protocolo “FISICOVID-DXTGALEGO PETANCA” coma na súa participación ao longo da vida do club.