Redacción 23/09/2020

Convócanse no marco da Cátedra de Feminismos 4.0 aos que poden presentarse as alumnas matriculadas nestas titulacións dos campus de Vigo e Pontevedra

 

Segundo o Observatorio da Igualdade da UVigo, publicado neste mes de setembro, as alumnas son maioría en todos os eidos do coñecemento, excepto no da enxeñaría e a arquitectura, no que representan tan só o 23% do total de estudantes matriculados/as. Esta infrarrepresentación pode xerar unha enorme fenda económico e salarial nun futuro no que se agarda que o 90% dos traballos van a pertencer a estes ámbitos.

Para facer fronte a esta situación e fomentar a presenza de mulleres no eido científico e tecnolóxico, a Deputación de Pontevedra e a Universidade de Vigo lanzan os Premios GirlGeekCovid, que se enmarcan na Cátedra de Feminismos 4.0 DEPO-UVigo que ambas institucións renovaron este pasado mes de xullo. A convocatoria está destinada ás alumnas da Universidade de Vigo matriculadas nalgunha das titulacións STEM, nos campus de Vigo e Pontevedra, e ten como obxectivo incentivar, apoiar e fomentar este tipo de estudos entre as mozas. Este premio nace no actual contexto de pandemia e a conseguinte crise económica, que afecta en maior medida ás mulleres, a fin de promocionar os estudos STEM, campo no que hai unha menor presenza de mulleres, pese importancia estratéxica deste ámbito na nosa sociedade, o que pode redundar no incremento da fenda de xénero no futuro das novas xeracións.

A presidenta da Deputación, Carmela Silva, animou ás estudantes a presentarse a estes premios “porque as rapazas máis novas necesitan referentes femininos que lles expliquen a importancia de cursar estas carreiras, que lles reafirmen que unha nena pode estudiar o que ela queira, e o relevante que é para a sociedade actual poder contar co talento e co coñecemento das mulleres”. “O que non se coñece non se pode desexar, sinalou a presidenta provincial, por iso é tan importante que visibilicemos ás mulleres que xa están nas STEM e que poidan falar delo”.

O reitor da Universidade de Vigo, Manuel Reigosa destacou que “o firme compromiso da presidencia da Deputación e da nosa universidade está posibilitando impulsar e reforzar as oportunidades para que as mozas opten e permanezan formándose no ámbito STEM, tan estratéxico na actualidade”.

Os premios recoñecerán o mellor aproveitamento académico das candidatas, ademais da súa motivación explícita nos estudos STEM. Así, poderán presentarse as mulleres matriculadas na Universidade de Vigo no curso 2020/2021 en 60 créditos en titulacións de grao ou mestrado das ramas de Enxeñaría ou Ciencias dos campus de Pontevedra e Vigo. Deberán ter superados ata o curso 2019/2020 como mínimo 60 créditos da titulación na que se atopa matriculada e ter unha nota media do expediente ata o curso 2019/2020 igual ou superior a 7 nas titulacións da rama de Enxeñaría e a 8 nas titulacións da rama de Ciencias. O prazo de presentación das solicitudes remata o 16 de outubro. Neste sentido, a directora da Unidade de Igualdade, Águeda Gómez, explicou que “estes premios nacen co fin de reforzar e apoiar as vocacións STEM das mozas da nosa Universidade e está na liña marcada por esta cátedra co fin último e incorporar ás mulleres ao mundo dixital e acabar co machismo e o sexismo dixital, máis aínda neste tempo de covid-19 onde o ámbito dixital resulta fundamental en todos os ámbitos da nosa vida social, laboral e persoal”.

A convocatoria contempla que se outorgará un primeiro premio de 2000€ e un accésit de 1000€ en cada rama (Ciencias e Enxeñaría). O xurado valorará tanto o expediente académico como a motivación das mozas, que deberán presentar unha carta na que amosen, por unha banda, as razóns que as levaron a optar por realizar estudos universitarios no ámbito das STEM e, por outra, onde reflexionen sobre a súa experiencia persoal como mulleres nun ámbito tradicionalmente masculinizado.

Deja un comentario.

Tu dirección de correo electrónico no será visible. Los campos obligatorios están marcados con *

Información básica sobre protección de datos Ver más

  • Responsable Sthela María Táboas González.
  • Finalidad  Moderar los comentarios. Responder las consultas.
  • Legitimación Tu consentimiento.
  • Destinatarios  Sthela María Táboas González.
  • Derechos Acceder, rectificar y suprimir los datos.
  • Información Adicional Puedes consultar la información detallada en la Política de Privacidad.

Esta web utiliza cookies propias y de terceros para su correcto funcionamiento y para fines analíticos. Al hacer clic en el botón Aceptar, aceptas el uso de estas tecnologías y el procesamiento de tus datos para estos propósitos. Personalizar Cookies
Privacidad