O acto será mañá, martes 15 de setembro, ás 12:00 diante do Concello do Porriño. Xa son cinco os accidentes laborais mortais acontecidos este ano na localidade.
A CIG, CCOO e UGT desenvolverán unha concentración en lembranza do operario do sector da pedra falecido en accidente laboral no interior da empresa Granitos Mondariz o pasado martes día 8. Con esta protesta as centrais queren denunciar a falta de medidas de seguridade que está detrás deste tipo de sucesos e reclamar unhas condicións laborais dignas.