Redacción 26/08/2020

O goberno municipal acadou a maioría no pleno para iniciar a contratación deste servizo esencial

 

O goberno municipal do Porriño acadou o respaldo da maioría da corporación para iniciar o expediente de contratación do servizo de recollida e transporte do lixo.

O novo contrato, que comeza a prepararse, contempla tamén que o futuro adxudicatario se faga cargo doutros residuos domésticos e asimilables; así como da xestión do ”Punto Limpo” do Concello, segundo explicou o concelleiro de Limpeza, Sergio Casal, que defendeu a proposta.

O acordo acadouse con 5 votos a favor -dos 4 concelleiros do PSOE, e 1 do concelleiro de UDDL, Manuel Carrera- o voto en contra de Blanca Francés -de EU SON-, e as abstencións do BNG e do PP. Previamente desestimouse unha enmenda do PP que pretendía deixar o asunto enriba da mesa.

No transcurso deste pleno ordinario de agosto, acordouse por unanimidade respaldar unha moción de EU SON en apoio do comercio de proximidade, mediante unha campaña de cheques regalo e outras iniciativas para dinamizar o pequeno comercio.

Tamén por unanimidade toda a corporación porriñesa acordou aprobar definitivamente a ordenanza reguladora do uso da lingua galega desestimando as alegacións presentadas ao anterior acordo.

Esta web utiliza cookies propias y de terceros para su correcto funcionamiento y para fines analíticos. Al hacer clic en el botón Aceptar, aceptas el uso de estas tecnologías y el procesamiento de tus datos para estos propósitos. Personalizar Cookies
Privacidad