Redacción 15/08/2020

O PSDG-PSOE de Salceda reclama a Xunta que consensue o protocolo para o próximo curso escolar

 

 

O PSdeG-PSOE de Salceda solicitará á Xunta consensue un protocolo de actuación contra o COVID19 e asuma os seus custes, presentando unha moción no próximo pleno, sumándose así á iniciativa do PSdeG-PSOE a nivel Galicia.

 

@s socialistas solicitan que a Xunta asuma as súas competencias en educación, para cumprir o protocolo que ela mesmo estableceu, é necesario máis persoal, máis docentes e instalacións axeitadas á nova normalidade. “É necesario un novo protocolo que poña por diante a saúde do alumnado e do profesorado, este non responde as necesidades, e priman criterios económicos por encima da protección a saúde”

 

Facemos este requirimento xa que consideramos que o protocolo elaborado pola consellaría suscitou rexeitamento polos docentes e familias”, afirman dende o grupo municipal. O rexeitamento é total e é necesario reconducir a situación de maneira urxente.

 

O desenvolvemento do curso 2020-2021 é imprevisible, dado o descoñecemento que aínda se ten acerca da posible evolución da pandemia do Covid-19. En consecuencia, resulta difícil prever os escenarios aos que se van ter que adaptar dependendo das circunstancias sanitarias que se poidan dar. A previsión debe plasmarse nun protocolo para os centros, real e posible, que regule o desenvolvemento da súa actividade, tanto lectiva como dos servizos complementarios, como poden ser o transporte, a aula madruga ou comedor.

 

Reclamanlle á Xunta que se reúna cos concellos, cos representantes do profesorado e das familias ao obxecto de acadar un protocolo de inicio de curso “consensuado” e “coas máximas garantías posibles” para afrontar o período lectivo adecuando os centros de ensino de Salceda á nova situación e garantindo as medidas de protección necesarias fronte á COVID-19.

 

Tamén lembran @s socialistas de Salceda que as instalacións de primaria e secundaria son insuficientes e que así o levan reivindicando á Xunta durante moitos anos, situación que agora complica aínda máis a solución para a volta ao cole.

 

Ademais, no eido económico, a moción formulada polo PSdeG demanda á Xunta que habilite “os fondos extraordinarios necesarios” para que os incrementos de custes que teñen que asumir centros, ANPAS e concellos como consecuencia das medidas deste protocolo sexan asumidos pola administración autonómica, garantindo ademais o transporte e o comedor.

Esta web utiliza cookies propias y de terceros para su correcto funcionamiento y para fines analíticos. Al hacer clic en el botón Aceptar, aceptas el uso de estas tecnologías y el procesamiento de tus datos para estos propósitos. Personalizar Cookies
Privacidad