Trátase dun colectivo de familias galegas preocupadas pola volta ao colexio na actual situación sanitaria que pon a disposición de tod@s os interesados un enlace de apoio á proposta no https://propuestaflexibilidadeducativa.wordpress.com/
O colectivo DERPA -Dereito a Ensino Sen Risco En Pandemia- fórmano nais e pais que consideran que os seus fill@s non van estar seguros nas aulas en setembro, e queren que as administracións educativas garantan o seu dereito á educación nun entorno seguro, e favorable para a súa aprendizaxe, facilitando a libre elección de formación: presencial ou a distancia.
Según a protocolo da Consellería de Educación establece que “para a ordenación dos espazos escolares nas aulas tomarase en consideración o centro da cadeira onde se sitúe o alumnado e gardarase , cando menos 1 m de distancia respecto dos centros das restantes cadeiras que a rodeen”. Pola contra, as medidas xeráis de prevención, recomendan unha distancia de seguridade de 2 m, e reunións de non máis de 10 persoas.
Por iso solicitan ao Ministerio de Educación e Formación Profesional que valore os beneficios dunha aplicación de medidas basadas na disminución de riscos e defensa dos nen@s coa colaboración de todos os compoñentes do sistema educativo: alumnado, familias e profesorado e instituciones, seguindo a estela de modelos como o CIDEAD ou a Formación Profesional a distancia.
Reclaman un novo Protocolo de adaptación ao contexto da Covid-19 nos centros de ensino non universitarios de Galicia para o curso 2020-2021 que garanta:
- O dereito a escoller a modalidade de ensino, presencial ou a distancia, que mellor se adapte ás necesidades educativas e de saúde de cada crianza e das súas familias na situación de risco sanitario actual.
- O dereito á saúde dos alumn@s, docentes e resto de persoal que traballa nos centros educativos, tomando as medidas requiridas polas autoridades sanitarias.
- A provisión de recursos e formación necesarios para docentes e alumnado que posibiliten unha educación de calidade, ben sexa de forma presencial ou en liña.
Dentro do colectivo atópanse todo tipo de persoas. Hai familias que queren que os seus fill@s asistan a clase de xeito presencial, pero reclaman o seu dereito a que as aulas sexan un lugar seguro, no que se cumpran as medidas sanitarias necesarias para velar pola saúde de toda a comunidade educativa.
Outras familias prefiren que os seus nen@s, moitos deles con patoloxías previas que os fan moi vulnerables en caso de contaxio, non asistan ao colexio en tanto non se resolva a crise sanitaria actual, e reclaman o dereito a recibir unha educación de calidade dende a casa.
Tamén no colectivo de docentes hai quen pensa que a flexibilidade educativa é unha boa opción nestas circunstancias tan excepcionais que estamos vivindo, e que tamén permitiría que as persoas de risco poidan traballar seguras telemáticamente.
En definitiva “queremos protexer o dereito a unha educación de calidade, que atenda á diversidade de cada neno e ás súas circunstancias persoais. Para logralo é preciso un sistema educativo aberto, flexible e equitativo, moi especialmente no momento que vivimos. E pensamos que para que isto sexa así, as administracións educativas teñen que aportar os recursos necesarios para un entorno de ensino e aprendizaxe eficiente, tanto presencial como a distancia”.
Consideran isto imprescindible “non só para quen pedimos o dereito a escoller, senón tamén para quen se pode ver afectado no futuro polas posibles repuntas, ou para non frear a formación do alumnado que teña que permanecer puntualmente na casa por presentar síntomas compatibles coa COVID-19”.
Nas aulas danse as condicións que as autoridades sanitarias consideran que maximizan o risco de contaxio: son espazos pechados e reducido que, acollen a numerosas persoas, as cales permanecen alí durante un tempo prolongado.
Por este motivo, apoian todas as reivindicacións de ANPAs, sindicatos e outros colectivos da comunidade educativa reclamando un novo protocolo que garanta o dereito á saúde e á educación. Esta reclamación ten que recoñecer o dereito das familias a protexer aos seus fill@s como mellor consideren, así como o dereito dos docentes a poder levar a cabo o seu traballo en condicións seguras.
Esta loita está dentro da defensa dunha educación de calidade, que garanta a equidade e a flexibilidade precisa para atender as necesidades de todas @s nen@s, independentemente do seu estrato social, circunstancias persoais e familiares ou xeitos de aprendizaxe, nun entorno seguro no que poidan dar o mellor de sí. Por desgraza, o concepto de “entorno seguro” mudou e as autoridades educativas teñen que adaptarse á nova realidade canto antes.
Os interesados en asinar o manifesto, poden facelo no enlace https://propuestaflexibilidadeducativa.wordpress.com/