Redacción 14/08/2020

O Concello do Porriño colabora coa Seguridade Social para facilitar trámites para obter o Ingreso Mínimo Vital

O Concello do Porriño acadou un acordo coa Dirección Provincial do Instituto Nacional da Seguridad Social (INSS) para simplificar trámites aos solicitantes do Ingreso Mínimo Vital.

A medida estrearáse a vindeira semana, segundo anunciou David Alonso, concelleiro de Emprego e Servizos Sociais.

Coa finalidade de evitar aos solicitantes desprazamentos e colas, o INSS solicitará por vía telemática os certificados de empadroamento históricos e colectivos, que é un trámite indispensable para pedir e acceder ao Ingreso Mínimo Vital.

“Deste xeito simplificanse as xestións aos demandantes que non terán a obriga de ter que acudir ao Concello xa que será a propia administración municipal a que se encargará de enviar os certificados á Seguridade Social”, manifestou o concelleiro. Neste senso, David Alonso agradeceu a colaboración de Fernando Alvarez-Blázquez, director provincial do INSS “polo que supon de axilizar trámites aos veciños e veciñas do Porriño evitandolles que corran riscos por causa da pandemia”, rematou o concelleiro.

Esta web utiliza cookies propias y de terceros para su correcto funcionamiento y para fines analíticos. Al hacer clic en el botón Aceptar, aceptas el uso de estas tecnologías y el procesamiento de tus datos para estos propósitos. Personalizar Cookies
Privacidad