Redacción 14/08/2020

A selección uruguaia de remo concentrarase dende o luns no Centro Especializado de Tecnificación Deportiva de Remo e Piragüismo en Tui

As instalacións viron ampliados os seus servizos cunha cafetería

 

 

A partir do luns, 17 de agosto, o Centro Especializado de Tecnificación Deportiva de Piragüismo e Remo de Tui acollerá a concentración da Selección Nacional Uruguaia de remo, composta por seis deportistas e un adestrador. Permanecerán nestas instalacións ata o 12 de outubro, preparando a regata preolímpica clasificatoria para Tokio 2021. O río Miño, as instalacións de Tui e o alto nivel dos deportistas tudenses, fixeron que a Federación Uruguaia de Remo escollera esta opción, segundo explica o concelleiro de Deportes, Rafael Estévez. .

 

Ao longo do ano estas instalacións acollen concentracións de deportistas de diferentes modalidades deportivas, sobretodo de remo e piragüismo.

 

O centro está situado na rúa Olímpicos Tudenses, a carón dos centros municipais de remo e piragüismo. Amais hai unhas semanas ampliáronse os servizos que oferta coa apertura dunha cafetería, tras ser licitada polo Concello de Tui. Deste xeito poden gozar deste servizo tanto os deportistas que adestran nestas instalacións, coma o público en xeral, así coma o peregrinos xa que se atopa nas inmediacións do inicio do Camiño Portugués de Santiago na cidade.

 

O Centro Especializado de Tecnificación Deportiva de Piragüismo e Remo de Tui (CETD – anteriormente Centro Interfederado), conta con ximnasio, dous vestiarios con jacuzzi e sauna, 6 galpóns para embarcacións, dúas habitacións con 24 prazas, unha sala de judo, unha oficina da concellería de Deportes, así como cafetería.

 

A instalación acolle os adestramentos do Club Remo Tui, do Judo Club Tudense, así como de distintos deportistas de alto nivel do Concello de Tui.

Deja un comentario.

Tu dirección de correo electrónico no será visible. Los campos obligatorios están marcados con *

Información básica sobre protección de datos Ver más

  • Responsable Sthela María Táboas González.
  • Finalidad  Moderar los comentarios. Responder las consultas.
  • Legitimación Tu consentimiento.
  • Destinatarios  Sthela María Táboas González.
  • Derechos Acceder, rectificar y suprimir los datos.
  • Información Adicional Puedes consultar la información detallada en la Política de Privacidad.

Esta web utiliza cookies propias y de terceros para su correcto funcionamiento y para fines analíticos. Al hacer clic en el botón Aceptar, aceptas el uso de estas tecnologías y el procesamiento de tus datos para estos propósitos. Personalizar Cookies
Privacidad