Na celebración non faltou o protagonismo para o equipo infantil da Unión Deportiva, que tamén logrou ascender a Primeira Galicia
Esta tarde celebrouse, sobre as 20.00 h nos exteriores do Pazo de Mos, a recepción ás xogadoras do U.D. Mos Femenino polo seu ascenso a Primeira Nacional e entregóuselle tamén o diploma por parte da Federación Galega de Fútbol ao equipo Infantil da U.D. Mos polo seu ascenso a Primeira Galicia.
No acto estiveron presentes a alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo; o presidente da RFGF, Rafael Louzán; o vicepresidente da RFGF en Vigo, Fernando Iglesias; delegado de Vigo da RFGF, Delfín Alonso; presidente da U.D. Mos, Pablo Alonso Serodio; a concelleira de Deportes, Begoña Toucedo; a Capitana do U.D. Mos Feminino, Yolanda Lago; o adestrador do U.D. Mos Feminino, Telmo González; o capitán do equipo da U.D. Mos Infantil que ascendeu a Primeira Galicia, Mario Alonso; o capitán equipo da U.D. Mos Infantil, José Antonio Ucha; o adestrador equipo U.D. Mos Infantil, Borja Campo; o 2º adestrador equipo U.D. Mos Infantil, José Ángel Cortegoso; demais membros da Corporación Municipal, da Federación Galega de Fútbol e da directiva e equipo técnico da Unión Deportiva Mos, así como as xogadoras do U.D. Mos Femenino.
Cristian Taibo, coordinador deportivo da U.D. Mos, fixo de mestre de ceremonias conducindo o acto e narrando a historia do ascenso a Primeira do U.D. Mos Femenino e o que supón para o clube este grandísimo logro.
Pola súa banda, tamén fixeron unha emotiva intervención a Capitana do U.D. Mos Feminino, Yolanda Lago, e Vanesa Rodríguez. Ambas son as xogadoras máis veteranas do equipo e que, ademais, precisamente retíranse esta tempada, polo que as súas palabras foron cargadas de gran emoción e sentimento.
Tras elas chegaron as verbas do presidente da U.D. Mos, Pablo Alonso Serodio; da alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo; e do presidente da Real Federación Galega de Fútbol, Rafael Louzán.
Todos os presentes concluíron en destacar a valía destas mulleres e o meteórico da súa traxectoria deportiva, sendo un auténtico exemplo de traballo duro, esforzo, superación e deportividade para toda a cidadanía mosense e un verdadeiro orgullo para o Concello de Mos.