O PSdeG de Ponteareas aplaude a iniciativa da empresa concesionaria por contemplar como mellora no servizo a posta en funcionamento da ambulancia 24 h en lugar de 12 h tal e como reclamamos os socialistas nos últimos anos
As veciñas e veciños de Ponteareas e da comarca do CondadoParadanta terán a partir do vindeiro día 16 de agosto unha ambulancia 24 h que ampliará ás 12 h existentes.
Esta mellora e grazas a empresa adxudicataria, que contemplou esta ampliación como unha mellora a propor para o servizo que se presta no noso concello, unha vez que o PP a retirou fai uns anos.
Dende O PSdeG de Ponteareas consideramos lamentable que dende a Xunta de Galicia, gobernada polo PP, non se esixise que este tipo de melloras no servizo fosen imprescindible para a renovación da concesión, quedando así este tipo de actuacións a consideración das empresas adxudicatarias.
Por último, os Socialistas de Ponteareas esperamos que este servizo, que debería ser público, se manteña no tempo e non sufra os recortes os cales nos ten, desgraciadamente, moi acostumados o PP en materia de servizos sanitarios.